Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 141 Martes, 24 de xullo de 2018 Páx. 34779

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

EXTRACTO da Orde do 6 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria, para o ano 2018, para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ás organizacións de produtores pesqueiros e de asociacións de organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

BDNS (Identif.): 498764.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións:

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións as organizacións de produtores pesqueiros e as asociacións de organizacións de produtores do ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, inscritas no Rexistro de Organizacións de Produtores Pesqueiros e Asociacións de Organizacións de Produtores establecido no artigo 8 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.

Segundo. Finalidade

Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para as seguintes liñas:

– Liña A: preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización das organizacións de produtores pesqueiros e das asociacións de organizacións de produtores pesqueiros no ámbito autonómico galego, segundo establece a sección IV do capítulo II do Regulamento (UE) núm. 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013, no artigo 66 do Regulamento (UE) 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, e no artigo 15.5 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.

– Liña B: preparación ou reestruturación de organizacións de produtores pesqueiros e asociacións de organizacións de produtores pesqueiros, recoñecidas no ámbito autonómico galego, segundo establece a sección IV do capítulo II do Regulamento (UE) núm. 1379/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 11 de decembro de 2013, no artigo 68.1.a) do Regulamento (UE) 508/2014 do Parlamento Europeo e do Consello, do 15 de maio de 2014, e nos artigos 2.3.i), 3.10 e 5.6 do Real decreto 277/2016, do 24 de xuño.

Por outra banda, tamén é obxecto desta orde a convocatoria, para o ano 2018, de ambas as liñas de axudas.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 6 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras xerais e a convocatoria, para o ano 2018, para a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, ás organizacións de produtores pesqueiros e de asociacións de organizacións de produtores pesqueiros do sector dos produtos da pesca e da acuicultura no ámbito exclusivo da Comunidade Autónoma de Galicia, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).

Cuarto. Importe

Para o ano 2018 as axudas concederanse con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias:

1. Liña A: preparación e aplicación dos plans de produción e comercialización. As axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 2018.1.14.02.723B7801 (proxecto 2016 00326), que figura dotada no orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2018. A contía máxima das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario será de 1.824.185,00 €.

2. Liña B: creación e reestruturación das organizacións de produtores pesqueiros. As axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 2018.1.14.02.723B7802 (proxecto 2016 00286), que figura dotada no orzamento de gastos da Consellería do Mar para o ano 2018. A contía máxima das subvencións que se concedan no dito exercicio orzamentario será de 400.000,00 €.

O importe total máximo das subvencións que se concedan no exercicio orzamentario do ano 2018 será de 2.224.185,00 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo é inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non hai día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo remata o último do mes.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2018

Mª Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar