Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 139 Venres, 20 de xullo de 2018 Páx. 34291

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 13 de xullo de 2018 pola que se procede ao nomeamento como persoal funcionario en prácticas do corpo de xestión de Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, das persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016.

Unha vez rematada a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016 (DOG núm. 238, do 15 de decembro), e verificada a concorrencia dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria, esta consellería, de acordo co disposto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal da Administración da Xunta de Galicia e nas bases da convocatoria do proceso selectivo,

DISPÓN:

Primeiro. Nomear persoal funcionario en prácticas do corpo de xestión de Administración xeral da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas as persoas aspirantes que superaron a fase de oposición do proceso selectivo convocado pola Orde do 2 de decembro de 2016, e que figuran no anexo ordenados de acordo coa puntuación final obtida.

O nomeamento terá efectos, segundo establece a base V.4 da convocatoria, desde a data de inicio do período de prácticas regulamentado na resolución da Consellería de Facenda do 13 de xullo de 2018.

A situación xurídica das persoas aspirantes nomeadas persoal funcionario en prácticas será a prevista no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, e demais disposicións concordantes.

Segundo. Convocar as persoas nomeadas ao acto de adxudicación de destinos en prácticas que terá lugar na sala de xuntas da Consellería de Facenda (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) ás 11.30 horas do día 23 de xullo de 2018.

Terceiro. Convocar ao mesmo acto a Raquel Carro Espada, aspirante que superou a fase de oposición do proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 18 de maio de 2015 (DOG núm. 95, do 22 de maio), e á que se lle autorizou a realización das prácticas coa promoción inmediatamente posterior por Resolución da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio do 10 de abril de 2017.

Cuarto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer, con carácter potestativo, recurso de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2018

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Nº orde

DNI

Apelidos e nome

1

46901012X

Carro Espada, Raquel

2

47363630Y

Vázquez Pérez, Patricia Pilar

3

79315701V

Mourelle Ferreiro, Juan Carlos

4

33545314K

Piñeiro Muñoz, Luis

5

44825569H

Ramos Pena, Marta

6

32824809Z

Prego Teira, Ramón

7

33546573S

Fernández Loureiro, David