Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2018 Páx. 34154

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Verín

EDICTO (DCT 112/2016).

No procedemento de divorcio contencioso 112/2016 ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Na vila de Verín, o 11 de xuño de 2018, vistos por Purificación González López, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Verín e o seu partido, os presentes autos de divorcio contencioso seguidos ante este xulgado co número 112/2018 por instancia de Manuela Torres Galiña representada polo procurador Antonio Álvarez Branco e asistido polo letrado Raúl Lamas Rodríguez contra José Duque Sánchez, versando os presentes autos sobre divorcio contencioso.

Resolución.

Acórdase o divorcio coa consecuente disolución do vínculo matrimonial entre Manuela Torres Galiña e José Duque Sánchez. Atribúese a Manuela Torres Galiña o uso e goce da vivenda familiar sita na Pedrosa - Cualedro. Procédase, se é o caso, a liquidar a sociedade de gananciais no procedemento que corresponda. Todo iso sen expreso pronunciamento en custas.

Modo de impugnación. Recurso de apelación, que se interpoñerá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne dentro do prazo de vinte (20) días contados desde o día seguinte da notificación daquela».

E para que sirva de notificación ao demandado José Duque Sánchez, en ignorado paradoiro, expido este edicto para súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Verín, 18 de xuño de 2018

O/a letrado/a da Administración de xustiza