Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2018 Páx. 34159

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (622/2017).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do xulgado do social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Ana María García Romero contra o Fondo de Garantía Salarial e Promociones Turísticas Ire&Car, S.L., en reclamación por despedimento, rexistrado co númro de despedimento/cesamentos en xeral 622/2017 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Promocións Turísticas IreE&Car, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 18 de setembro de 2018 ás 11.25 horas, na planta 1, sala 1, edificio Audiencia, para a celebración dos actos de conciliación e, se é o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao actor, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Promociones Turísticas Ire&Car, S.L., expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 15 de xuño de 2018

O letrado da Administración de Xustiza