Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Mércores, 18 de xullo de 2018 Páx. 34097

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 10 de xullo de 2018 polo que se somete ao trámite de información pública o documento básico de mellora e integración paisaxística das entradas dos camiños de Santiago en Santiago de Compostela. Ámbito Camiño Portugués-Conxo, de clave AC/17/012.10.4, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Antecedentes.

Con data do 15 de febreiro de 2017 a Consellería de Infraestruturas e Vivenda, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Axencia Turismo de Galicia, a Axencia Galega de Infraestruturas e o Concello de Santiago de Compostela asinaron un protocolo de colaboración para a mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago, en Santiago de Compostela.

Das partes asinantes do protocolo, a Axencia Galega de Infraestruturas, adscrita á Consellería de Infraestruturas e Vivenda, encargaríase da execución material dos traballos que lle correspondan á Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 1 do Decreto 173/2011, do 4 de agosto, polo que se aproba o estatuto da Axencia Galega de Infraestruturas; e de acordo con encargo recibido o pasado mes de abril do 2017, adxudicáronse os traballos de redacción dos proxectos de construción, así como o control e vixilancia das obras de mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago en Santiago de Compostela, de clave AC/17/012.10, que se desenvolverá en diferentes fases, e cuxo obxecto é buscar unha visión integral do Camiño de Santiago como fenómeno patrimonial, cultural e territorial único, independentemente dos diferentes itinerarios que conflúen no centro histórico compostelano: o Camiño Inglés, o Camiño Portugués, o Camiño da Vía da Prata, o Camiño Portugués e o Camiño de Fisterra.

Este proxecto ten como finalidade acadar unha imaxe identitaria internacional común ao longo do Camiño, concretamente para mellorar a integración do peregrino na entrada da cidade de Santiago de Compostela, facilitando a dita percepción e diminuíndo a tensión de tráfico sobre o Camiño, así como favorecendo a mobilidade peonil nesta área ao priorizar o peregrino sobre o tráfico rodado.

Froito de todo isto, elabórase o documento básico mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago en Santiago de Compostela. Ámbito Camiño Portugués- Conxo, de clave AC/17/012.10.4, cuxo obxecto é reordenar o itinerario do Camiño de Santiago ao seu paso polo núcleo de Conxo de Abaixo, mellorando a visual do peregrino ao longo da traza do camiño e reducindo o tránsito de vehículos. Tamén cabe destacar a grande importancia que a dita actuación terá para os veciños do lugar.

As principais actuacións que se levarán a cabo serán:

– Ordenación e humanización das seccións viarias.

– Definición de elementos como pavimentos, mobiliario urbano, etc.

– Reordenación das zonas de estacionamento.

– Reordenación e humanización da fronte da Igrexa de Nosa Señora da Merced de Conxo.

Por último, o artigo 80 da Lei 5/2016, do 4 de maio, do patrimonio cultural de Galicia (DOG do 16 de maio) determina que a aprobación da delimitación dos Camiños de Santiago levará implícita a declaración de interese social e a de necesidade de ocupación dos bens e adquisición de dereitos para os fins de expropiación forzosa, de ocupación temporal ou de imposición ou modificación de servidumes tanto dos tramos necesarios para a funcionalidade da traza coma dos bens localizados no seu ámbito delimitado necesarios para a conservación, protección ou servizo do Camiño.

Considerando todo o exposto e o establecido na normativa vixente,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar, de acordo co artigo 80 a Lei 5/2016, do patrimonio cultural de Galicia, de interese social, e a de necesidade de ocupación dos bens e adquisición de dereitos recollidos no documento básico mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago en Santiago de Compostela. Ámbito Camiño Portugués-Conxo, de clave AC/17/012.10.1.

Segundo. Sométese ao trámite de información pública, para os efectos previstos nos artigos 18 e seguintes da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa, e os concordantes do seu regulamento, a relación de bens e dereitos necesarios para a execución do documento básico mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago en Santiago de Compostela. Ámbito Camiño Portugués-Conxo, por un período de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas da Coruña (rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña) , na Casa do Concello de Santiago de Compostela (Pazo de Raxoi, Praza do Obradoiro, 15705 Santiago de Compostela). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas) atópase á disposición dos interesados o documento básico completo.

Santiago Compostela, 10 de xullo de 2018

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Mellora e integración paisaxística das entradas dos Camiños de Santiago en Santiago de Compostela.

Ámbito Camiño Portugués-Conxo.

Clave AC/17/012.10.4.

Concello de Santiago de Compostela.

Referencia catastral

Titular

Tipo

Situación
do solo

Cultivo/uso

Solo
tipo 1

Solo tipo 2

Superficie expropiación (m2)

Bens

1

15079A16800313

Boquete Albarellos, Manuel

Urbanizable

Reserva viario

Labor ou labradío secaño

60 reserva viario

60

2

6059103NH3465G

Fachado González, Francisco

Urbano

Reserva viario

Solo sen edificar

50 reserva viario

50

– 20 ml peche bloque

3

6059102NH3465G

López Fernández, Dolores

Urbano

Reserva viario

Solo sen edificar

30 reserva viario

30

4

6259215NH3465G

Gómez Bernárdez, Concepción e Hna.

Urbano

Solo urbano (ordenanza nº 5)

Residencial

103 solo urbano (ordenanza nº 5)

22 reserva viaria

125

– 63 m2 vivenda

– 55 m2 aparcadoiro/almacén

5

6359402NH3466A

Barral Montero, Julia Elvira (herdeiros de)

Urbano

Solo urbano non consolidado (NC P-30) zona libre (Zl-156)

Solo sen edificar

181 solo urbano non consolidado (NC p-30) zona libre (zl-156)

181

6

6359463NH3466A

Noya León, Dolores

Urbano

Solo urbano non consolidado (NC P-30) zona libre (Zl-156)

Solo sen edificar

313 solo urbano non consolidado (nc p-30) zona libre (Zl-156)

313