Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2018 Páx. 33660

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 237/2016).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 237/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Pacheco Buján contra Transcerofer, S.L., César Rodríguez Fernández e a Sociedad Estatal de Correos y Telégrafos, S.A., se ditou sentenza, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Declárase que Francisco Javier Pacheco Buján desiste da demanda interposta fronte a Sociedad Estatal de Correos y Telégrafos, S.A., e decrétase o sobresemento deste procedemento respecto da dita demandada.

Que, estimando integramente a demanda interposta por Francisco Javier Pacheco Buján contra Transcerofer, S.L., que non compareceu ao xuízo oral, e contra César Rodríguez Fernández, debo condenar e condeno os demandados, de forma conxunta e solidaria, a lle aboar ao demandante a suma de 32.535,42 euros polos conceptos indicados no feito probado terceiro desta sentenza, máis os xuros previstos no artigo 29.3 do ET sobre a dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da LAC a partir da presente resolución.

No que se refire é responsabilidade do Fogasa, non procede a súa condena nesta instancia e deberase observar o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contado desde o seguinte ao da súa notificación».

E para que sirva de notificación en legal forma a Transcerofer, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza