Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2018 Páx. 33653

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño

EDICTO de notificación de sentenza (168/2015).

Eu, Luis Fernández-Arias González, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 do Porriño, fago saber que no presente procedemento, seguido por instancia de Siham Sokrate fronte a Abdelati Hili, se ditou Sentenza do 13 de xuño de 2016, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Acórdase a privación total da patria potestade de Abdelati Hili respecto do seu fillo xxxx, e a cesación nas funcións, nos dereitos e nas obrigas propios desta, que será exercida de forma exclusiva por Siham Sokrate.

A presente sentenza non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que se deberá presentar neste xulgado no prazo de 20 días desde a súa notificación.

Notifíquese ás partes e ao Ministerio Fiscal.

Así o acordo, mando e asino.

(Omítense os datos do menor).

E ao estar o dito demandado, Abdelati Hili, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

O Porriño, 22 de xuño de 2018

O letrado da Administración de xustiza