Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Luns, 16 de xullo de 2018 Páx. 33651

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (DCT 1319/2016 P).

DCT divorcio contencioso 1319/2016P

Sobre divorcio contencioso

Ministerio Fiscal, Gladis Guzmán Orellana

Procurador: Juan Carlos Álvarez Vázquez

Avogado: José Antonio Fernández Fernández

Demandado: Edgar Montaño Villanueva

Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifica que neste xulgado se tramitan os autos arriba referenciados, en que se ditou a seguinte:

Sentenza nº 536.

Vigo, 20 de novembro de 2017.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e do seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 1319/2016, sobre disolución de matrimonio por divorcio, en que actuaron como demandante Gladis Guzmán Orellana, representada polo procurador dos tribunais Juan Carlos Álvarez Vázquez e con asistencia letrada de José Antonio Fernández Fernández, contra Edgar Montaño Villanueva, declarado en situación de rebeldía procesual, en que interveu o Ministerio Fiscal, con base nos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolución:

Estimo a demanda interposta polo procurador dos tribunais Sr. Álvarez Vázquez, en nome e representación de Gladis Guzmán Orellana, contra Edgar Montaño Villanueva, declarado en situación de rebeldía procesual, e declaro disolto por divorcio o matrimonio formado polos referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes a tal declaración, e realizo os seguintes pronunciamentos:

Primeiro. A filla menor do matrimonio quedará baixo a garda e custodia da Sra. Guzmán Orellana, quen exercerá en exclusiva a patria potestade sobre a menor.

Segundo. O Sr. Montaño Villanueva aboará, en concepto de alimentos para a súa filla, a cantidade de 120 euros mensuais, que deberá ingresar dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que para o efecto designe a nai. Esta cantidade actualizarase anualmente conforme a variación que experimente o índice de prezos de consumo que fixe o Instituto Nacional de Estatística ou organismo que o substitúa.

Terceiro. Ambos os proxenitores aboarán por metade os gastos extraordinarios da menor, entre os que se inclúen os médicos non cubertos pola Seguridade Social.

Cuarto. O Sr. Montaño Villanueva poderase relacionar coa súa filla cando ambos, libremente e de mutuo acordo, o decidan.

Non procede facer especial pronunciamento sobre as custas.

En canto sexa firme esta resolución, comuníquese ao Rexistro Civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, e déixese constancia de tal circunstancia en autos.

Así, por esta miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E ao estar o dito demandado, Edgar Montaño Villanueva, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 14 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza