Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Venres, 13 de xullo de 2018 Páx. 33487

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos

EDICTO (212/2014).

F02 Familia, garda, custodia, alimentos de fillo menor non matrimonial non consensuado 212/2014

Sobre outras materias

Demandante: Vanesa Soledad del Pino Sánchez

Procuradora: María Amparo Cagiao Rivas

Avogada: Marta López Sánchez

Demandado: Rodrigo Adrián Siso Rodríguez

Neste xulgado tramítase o procedemento de garda e custodia, rexistrado co número 212/2014, a instancia de Vanesa Soledad del Pino Sánchez, representada pola procuradora Mª Amparo Cagiao Rivas, fronte a Rodrigo Adrián Siso Rodríguez, declarado en situación de rebeldía procesual.

O 2 de decembro de 2014 ditouse sentenza, cuxo encabezamento e resolución é do tenor literal seguinte:

«Sentenza.

Betanzos, 2 de decembro de 2014.

Vistos por min, Emma Mourenza Couto, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Betanzos, os presentes autos de xuízo verbal para adopción de medidas paternofiliais con número 212/2014 seguidos por instancia de Vanesa Soledad del Pino Sánchez, representada pola procuradora Sra. Cagiao Rivas e baixo a dirección letrada da Sra. López Sánchez, contra Rodrigo Adrián Siso Rodríguez, en situación procesual de rebeldía.

Decido que, estimando integramente a demanda formulada pola representación procesual de Vanesa Soledad del Pino Sánchez fronte a Rodrigo Adrián Siso Rodríguez, debo acordar e acordo as seguintes medidas respecto do menor Valentín Adriel:

– Atribúese a garda e custodia do menor á nai Vanesa Soledad e será compartido por ambos os proxenitores o exercicio da patria potestade.

– Suspéndese sine die o dereito do proxenitor demandado ao réxime de comunicación e estadías co menor.

– Establécese a obriga do demandado de contribuír na suma de 150 euros mensuais en concepto de alimentos para o seu fillo Valentín Adriel, cantidade que deberá ser aboada por mensualidades anticipadas dentro dos cinco primeiros días de cada mes na conta que designe a demandante e que será actualizable anualmente de acordo co incremento que experimente o IPC. Os gastos extraordinarios serán aboados por metade por ambos os proxenitores logo de aviso e xustificación ao proxenitor non convivente.

Non se fai especial pronunciamento en custas.

Notifíquese a presente ás partes, facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación que se interpoñerá ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte á súa notificación para ser resolto pola Audiencia Provincial da Coruña, sendo necesario que para iso que se proceda a ingresar na conta de depósitos e consignacións deste xulgado o depósito establecido pola Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro.

Así o acordo, mando e asino».

E co fin de que sirva de notificación en forma a Rodrigo Adrián Siso Rodríguez, que se encontra en ignorado paradoiro, expido, selo e asino a presente.

Betanzos, 17 de febreiro de 2017

O/a letrado/a da Administración de xustiza