Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2018 Páx. 33287

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Allariz

ANUNCIO de convocatoria de dúas prazas de policía local.

Mediante Decreto da Alcaldía do 6 de xullo de 2018, aprobáronse as bases da convocatoria para prover en propiedade dúas prazas de policía local do Concello de Allariz, mediante o procedemento extraordinario de integración no corpo da policía local do auxiliar que presta servizos neste concello, en execución do previsto na disposición adicional segunda da Lei 9/2016, do 8 de xullo, pola que se modifica a Lei 4/2007, do 20 de abril, de coordinación de policías locais de Galicia. O que se convoca mediante concurso-oposición.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles no taboleiro de anuncios e na páxina web oficial do Concello de Allariz, www.allariz.gal e no Boletín Oficial da provincia de Ourense, no cal se publicará o texto íntegro.

Estas prazas teñen as seguintes características:

1. Número de prazas: dúas (2).

2. Escala: administración especial.

3. Subescala: servizos especiais.

4. Grupo: C1.

5. Clase: policía local: Escala: básica. Categoría: policía.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado. Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia de Ourense, no taboleiro de edictos e na páxina web do concello.

Allariz, 6 de xullo de 2018

Mª Cristina Cid Fernández
Alcaldesa