Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2018 Páx. 33257

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 26 de xuño de 2018 de emprazamento para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/260/2016-RP1.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, publícase o emprazamento a Paula Fernández Varela para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/260/2016-RP1, en relación coas obras consistentes en construción dunha edificación residencial, que se levan a cabo no lugar de Pelamio, Trabanca Sardiñeira, no termo municipal de Vilagarcía de Arousa, na provincia de Pontevedra.

O expediente relacionado está á disposición da interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland-Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística