Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2018 Páx. 33255

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 29 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Vilantime (Arzúa-A Coruña), para seren notificados por comparecencia.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial do Estado (BOE), os propietarios da zona de concentración parcelaria de Vilantime (Arzúa-A Coruña) que figuran no anexo, para seren notificados por comparecencia de diversas resolucións que modifican as bases definitivas da concentración da dita zona.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro do acto notificado mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 29 de xuño de 2018

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesado/a

Acto notificado

Andrade Herrero, Gonzalo

Resolución do 8.5.2018

Bascoy Bascoy, Mª Ana

Resolución do 16.4.2018

Carril Carril, Mª Teresa

Resolución do 8.5.2018

Castro Castro, Josefa

Resolución do 8.5.2018

Castro Castro, Manuel

Resolución do 8.5.2018

Couso García, Clementina

Resolución do 8.5.2018

Couso Valiño, Pilar

Resolución do 8.5.2018

Couso Vázquez, Manuel

Resolución do 8.5.2018

Curros Couso, Dolores

Resolución do 8.5.2018

García Orois, Ana

Resolución do 8.5.2018

Garea Ares, Manuel

Resolución do 8.5.2018

Garea Ares, Minia

Resolución do 8.5.2018

Gil López, Mª del Carmen

Resolución do 8.5.2018

Mato Souto, Ramón

Resolución do 8.5.2018

Pérez Vázquez, Mª del Carmen

Resolución do 8.5.2018

Sánchez Cardelle, Antonio

Resolución do 8.5.2018

Sánchez Carril, Eladio

Resolución do 8.5.2018

Vázquez Carril, Antonio

Resolución do 8.5.2018