Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2018 Páx. 33189

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

EXTRACTO da Orde do 10 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas a sufragar os danos nas explotacións agrícolas e gandeiras, derivados da explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018.

BDNS (Identif.): 407905.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

Poderán acollerse a estas axudas as persoas titulares de explotacións agrícolas e gandeiras, con exclusión dos organismos públicos.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 10 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e a convocatoria de axudas destinadas a sufragar os danos nas explotacións agrícolas e gandeiras, derivados da explosión de material pirotécnico producida en Tui o 23 de maio de 2018.

Cuarto. Importe

Para a concesión das subvencións convocadas destinarase un crédito de corenta e sete mil trescentos euros (47.300).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación de solicitudes é de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2018

Belén Mª do Campo Piñeiro
Directora xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias