Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da data de ocupación e do requirimento das follas de valoración no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada repotenciación do parque eólico Serra da Panda, nos concellos de Mañón e Ortigueira (expediente IN661A 2016/1), correspondente aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 3 de xullo de 2018
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN661A 2016/1.
Entidade beneficiaria: Iberdrola Renovables Galicia, S.A.
Denominación da instalación: repotenciación do parque eólico Serra da Panda.
Concellos: Mañón e Ortigueira.
Predio |
Concello |
Titularidade proposta |
Data de ocupación |
45 |
Mañón |
Descoñecida |
29.6.2018 |
47 |
Mañón |
Descoñecida |
29.6.2018 |