Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2018 Páx. 33240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a adxudicación dun contrato.

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

Expediente: ED-DXEFPIE-06/18SE. Contrato de servizos de organización, desenvolvemento, cualificación e certificación das probas de nivel lingüístico en inglés, no curso 2017/18, do alumnado de centros plurilingües públicos e dos centros plurilingües concertados dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

1. Adxudicatario lote único: Trinity College London.

1.1. Orzamento: 216.830,79 euros.

Data de adxudicación: 23.5.2018.

Data da formalización: 29.5.2018.

O que se fai público para os efectos do previsto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño) e no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2018

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria