Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2018 Páx. 33232

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 25 de xuño de 2018 pola que se fai pública a formalización da obra da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Ourense.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 10/2018 M.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=277366.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: obra da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Ourense.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45213310-9.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado: 3.504.557,98 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 3.504.557,98 €. Importe total: 4.240.515,16 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 30.5.2018.

b) Data de formalización do contrato: 22.6.2018.

c) Adxudicatarias: Ute Extraco, S.A.//Construcciones Taboada y Ramos, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 2.871.284,00 €. Importe total con IVE: 3.474.253,64 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2018

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda
P.D. (Orde do 7.9.2017, DOG núm. 179, do 20 de setembro)
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda