Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2018 Páx. 33234

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 22 de xuño de 2018, do Servizo de Mobilidade de Ourense, polo que se notifican os acordos de incoación do expediente sancionador en materia de transportes terrestres OU-00561-O-2018 e dous máis.

A persoa titular do Servizo de Mobilidade de Ourense acordou a incoación do expediente sancionador OU-00561-O-2018 e dous máis por infracción da normativa sobre transporte terrestre.

Intentada a notificación do acordo de incoación por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanselles os acordos de incoación ditados ás persoas interesadas.

Son informadas de que os expedientes sancionadores están á súa disposición nas oficinas do Servizo de Mobilidade de Ourense.

Outorgáselles un prazo de quince (15) días hábiles, contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, para alegaren o que consideren conveniente, presentando ou propoñendo as probas que consideren oportunas.

No suposto que decidan voluntariamente pagar a sanción antes de que transcorran trinta (30) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, a súa contía reducirase nun 30 % na forma prevista no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres. A realización do dito pagamento implica a conformidade cos feitos denunciados, a renuncia a formular alegacións por parte da persoa interesada e a terminación do procedemento sancionador.

Ourense, 22 de xuño de 2018

Ángel Míguez López
Xefe do Servizo de Mobilidade de Ourense

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciado

DNI/CIF

Infracción denunciada

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción proposta

OU-00561-O-2018

9545-HJD

José Luis Rodríguez Rivera

44453859B

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

7.2.2018; 12.12.00; A-52; 181

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 da LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euro

OU-00581-O-2018

9545-HJD

José Luis Rodríguez Rivera

44453859B

A realización de transportes de produtos alimenticios ou mercadorías perecedoiras utilizando un vehículo que careza do certificado de conformidade para o transporte de mercadorías perecedoiras ou telo caducado ou falseado.

7.2.2018; 12.18.00; A-52; 181,0

Art. 141.21 da LOTT

Art. 143.1.d) da LOTT

401 euros

OU-00582-O-2018

9545-HJD

José Luis Rodríguez Rivera

44453859B

Atenuante. Realizar transporte público de mercadorías en vehículo lixeiro, carecendo de título habilitante.

7.2.2018; 12.12.00; A-52; 181,0

Art. 141.25 en relación co art. 140.1 da LOTT

Art. 143.1.k) en relación coa letra f) da LOTT

801 euros