Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2018 Páx. 33278

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución e dirección facultativa para a reforma no Hospital da Costa para a substitución de carpintarías exteriores, vidros e mellora da envolvente térmica do edificio e eliminación das pontes térmicas, cofinanciada nun 80 % polo programa operativo Feder Galicia 2014-2020, a prioridade de investimento PI. 4.c. e o obxectivo específico OE. 4.3.1 (expediente AB-SER3-18-021).

missing image file

1. Poder adxudicador. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Investimentos.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfonos: 881 54 18 38 (cuestións administrativas) e 881 54 00 73 (cuestións técnicas).

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Código NUTS: ES11.

7º. Enderezo electrónico: servizo.xestion@sergas.es.

8º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es.

2. Tipo de poder adxudicador: organismo de dereito público. A súa principal actividade: saúde.

3. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contratación do servizo de redacción de proxecto básico e de execución e dirección facultativa para a reforma no Hospital da Costa para a substitución de carpintarías exteriores, vidros e mellora da envolvente térmica do edificio e eliminación das pontes térmicas.

c) División por lotes e número: non procede.

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPV: 71.22.10.00 e 71.24.00.00.

f) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 42, do 28.2.2018, e na web do Sergas e Plataforma de contratos de Galicia o 28.2.2018.

4. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto multicriterio (non suxeito a regulación harmonizada).

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: memoria explicativa da descrición da proposta arquitectónica, ata 25 puntos; metodoloxía de redacción do proxecto, ata 10 puntos, e oferta económica, ata 65.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 40.462,84 €. IVE (%): 21 %. Importe total: 48.960,04 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 21 de xuño de 2018.

b) Número de ofertas recibidas: cinco (5).

c) Data de formalización do contrato: 27 de xuño de 2018.

d) Adxudicataria:

1º. Nome: Herráez Arquitectura, S.L.P.

2º. NIF: B27279157.

3º. Enderezo: rúa Nova, 55, baixo, Lugo.

4º. É peme: si.

5º. Pertence a un grupo de empresas: non.

e) Importe de adxudicación. Importe neto: 35.000,00 €. IVE (%) 21 %. Importe total: 42.350,00 €.

f) Posibilidade de subcontratar a terceiros: si.

g) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. A resolución de adxudicación e os informes de valoración están publicados no perfil do contratante.

7. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea: si, dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (taxa máxima de cofinanciamento Feder do 80 %), na prioridade de investimento PI. 4.c. e obxectivo específico OE. 4.3.1. O PI. 4.c. trata do apoio da eficiencia enerxética, da xestión intelixente da enerxía e do uso de enerxías renovables nas infraestruturas públicas, incluídos os edificios públicos, e nas vivendas. O OE. 4.3.1 trata da mellora da eficiencia enerxética e redución de emisións de CO2 na edificación e nas infraestruturas e servizos públicos.

8. Procedemento de recurso:

a) Órgano competente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

b) Servizo do cal se pode obter información: Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Xestión.

1º. Enderezo electrónico: servizo.xestion@sergas.es.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2018

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos