Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Xoves, 12 de xullo de 2018 Páx. 33282

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Económicos, pola que se anuncia a formalización da contratación dos servizos de dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde na fase de execución da obra de adaptación funcional do Hospital do Meixoeiro de Vigo para a Unidade de Mama/Medicina Nuclear/Radioterapia, cofinanciada pola Unión Europea nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 9, prioridade de investimento PI 9.7 e obxectivo específico OE 9.7.1 (expediente AB-SER3-18-035).

missing image file

1. Poder adxudicador. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Económicos. Subdirección Xeral de Investimentos.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Investimentos.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Lázaro, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

4º. Teléfonos: 881 54 18 38 (cuestións administrativas) e 881 54 00 73 (cuestións técnicas).

5º. Telefax: 881 54 27 62.

6º. Código NUTS: ES11.

7º. Enderezo electrónico: servizo.xestion@sergas.es

8º. Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

2. Tipo de poder adxudicador: organismo de dereito público. A súa principal actividade: saúde.

3. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contratación dos servizos de dirección de obra, dirección de execución e coordinación de seguridade e saúde na fase de execución da obra de adaptación funcional do Hospital do Meixoeiro de Vigo para a Unidade de Mama/Medicina Nuclear/Radioterapia.

c) División por lotes e número: non procede.

d) Admisión de prórroga: non.

e) CPV: 71221000-3.

f) Medio e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 48, do 8 de marzo de 2018, e na web do Sergas e Plataforma de contratos de Galicia o 8 de marzo de 2018.

4. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto multicriterio (non suxeito a regulación harmonizada).

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: oferta económica ata 100 puntos.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 105.630,63 €. IVE (%): 21 %. Importe total: 127.813,06 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 21 de xuño de 2018.

b) Número de ofertas recibidas: tres (3).

c) Fecha de formalización do contrato: 26 de xuño de 2018.

d) Adxudicataria:

1º. Nome: Cristina Fernández Gutiérrez.

2º. NIF: 33235773Z.

3º. Localidade: 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

4º. Pertence a un grupo de empresas: non.

e) Importe de adxudicación. Importe neto: 76.950,00 €. IVE (%): 21 %. Importe total: 93.109,50 €.

f) Posibilidade de subcontratar a terceiros: si.

g) Vantaxes da oferta adxudicataria: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a economicamente máis vantaxosa mediante a aplicación dos criterios que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares. A resolución de adxudicación e os informes de valoración están publicados no perfil do contratante.

7. Información sobre se o contrato está relacionado cun proxecto ou programa financiado con fondos da Unión Europea: si, dentro do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (taxa máxima de cofinanciamento Feder do 80 %), obxectivo temático 9, prioridade de investimento PI 9.7 e obxectivo específico OE 9.7.1. Obxectivo temático 9 «Promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación»; PI 9.7 «O investimento en infraestruturas sociais e sanitarias que contribúan ao desenvolvemento nacional, rexional e local e reduzan as desigualdades sanitarias e o fomento da inclusión social mediante unha mellora do acceso aos servizos sociais, culturais e recreativos e a transición dos servizos institucionais aos servizos locais»; Obxectivo Específico 9.7.1. «Investimento en infraestrutura social e sanitaria que contribúa ao desenvolvemento nacional, rexional e local e reduza as desigualdades sanitarias e transición dos servizos institucionais aos servizos locais» e a actuación CPSO 9.7.1.1. «Adquisición e instalación dos equipamentos necesarios para a posta en marcha e o funcionamento dos servizos sanitarios no novo hospital de Vigo en Pontevedra».

8. Procedemento de recurso:

a) Órgano competente: Dirección Xeral de Recursos Económicos.

b) Servizo do cal se pode obter información: Subdirección Xeral de Investimentos. Servizo de Xestión.

1º. Enderezo electrónico: servizo.xestion@sergas.es

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2018

María Jesús Piñeiro Bello
Directora xeral de Recursos Económicos