Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2018 Páx. 33014

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 27 de xuño de 2018 pola que se publica a modificación do plan de estudos de máster universitario en Dirección Integrada de Proxectos (máster conxunto das universidades da Coruña e Vigo).

O plan de estudos da titulación de Máster universitario en Dirección Integrada de Proxectos pola Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo foi publicada por Resolución do 28 de decembro de 2011 no Boletín Oficial del Estado (BOE) do 18 de xaneiro de 2012, unha vez establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 28 outubro de 2011 (publicado no BOE do 25 de novembro por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 7 de novembro de 2011).

A Universidade da Coruña presentou unha solicitude de modificación do plan de estudos do dito máster que obtivo o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

O Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, dispón no artigo 28 o procedemento para a modificación de plans de estudo conducentes á obtención de títulos xa verificados.

Polo exposto,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de Máster universitario en Dirección Integrada de Proxectos pola Universidade da Coruña e a Universidade de Vigo coas modificacións aprobadas, que se estrutura segundo consta no anexo e con efectos desde o curso académico 2017/18.

A Coruña, 27 de xuño de 2018

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de Máster universitario

en Dirección Integrada de Proxectos pola Universidade da Coruña

e a Universidade de Vigo

Plan de estudos que se inicia no curso 2017/18 por modificación do anterior.

Código RUCT: 4310625.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, punto 5.1).

1. Rama de coñecemento á que se adscribe o título: Enxeñaría e Arquitectura.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..….……………...………

Optativas (OP)…..……….………………………

Prácticas externas (PE)...………………………

Traballo fin de máster (TFM)...……………..….

Total……………………………………………….

33

11

6

10

60

3. Especialidades do título:

– Lecer e Deporte.

– Sistemas de Información.

– Edificación e Desenvolvemento Territorial.

4. Contido do plan de estudos.

Módulo

Disciplina

Carácter

Créditos ECTS

Bloque Común

Marco Conceptual da DIP (Dirección Integrada de Proxectos)

OB

3

Xestión dos Riscos do Proxecto e Adquisicións

OB

6

Ciclo de Vida e Normas do Proxecto

OB

3,5

Xestión dos RR.HH. do Proxecto, as Comunicacións e Xestión de Interesados

OB

4

Xestión da Calidade do Proxecto

OB

3

Xestión dos Custos do Proxecto

OB

3,5

Xestión do Tempo do Proxecto

OB

5

Xestión da Integración e do Alcance do Proxecto

OB

5

Edificación e Desenvolvemento Territorial

Seguimento e Control. Manuais de Procedemento

OP

3

Xefatura e Xestión de Execución

OP

3

Contorna Económica e Procedemento. Inicio do Proxecto

OP

5

Lecer e Deporte

Seguimento, Control e Peche do Proxecto

OP

3

Xefatura e Xestión do Proxecto

OP

3

Contorna Económica e Procedementos. Inicio do Proxecto

OP

5

Sistemas de Información

Estándares para a Xestión de Proxectos TIC

OP

3

Necesidades e Tecnoloxías dos SI (Sistemas de Información)

OP

5

Xestión dun Proxecto TIC

OP

3

Prácticas en Empresas

Prácticas en Empresas

PE

6

Traballo Fin de Máster

Traballo fin de máster

TFM

10

A unidade temporal de todas as materias é anual.

5. Condicións de terminación.

O alumnado deberá elixir unha especialidade e superar 60 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de Máster universitario en Dirección Integrada de Proxectos.