Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a seguir se describe:
Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.
Domicilio social: rúa Virgen de la Luz, 3, baixo, 36860 Ponteareas.
Denominación: LMT, CT Colexio nº 2.
Situación: Ponteareas.
Características técnicas: LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ1, de 235 metros de lonxitude, con orixe no centro de transformación Xoán Oliveira e final no centro de transformación proxectado Colexio nº 2. Centro de transformación a 250 kVA, con RT 20 kV/400 V, situado na rúa Fermín Bouza Brey, Ponteareas.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no capítulo II do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, DOG nº 54, do 19 de marzo de 2014, esta xefatura territorial resolve:
Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e as condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independientemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.
Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ao seu dereito.
Pontevedra, 4 de xuño de 2018
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra