Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Mércores, 11 de xullo de 2018 Páx. 33071

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 10 de abril de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai pública a resolución de autorización de aproveitamento das augas minero-medicinais e termais procedentes da captación Novísimo, número 88, sita no termo municipal de Cortegada, provincia de Ourense.

En cumprimento do disposto no Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento das augas mineiro-medicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, faise pública a Resolución do 9 de marzo de 2018 pola que se autoriza o aproveitamento das augas mineiro-medicinais e termais procedentes da captación Novísimo, nº 88, sita no termo municipal de Cortegada, provincia de Ourense.

Ourense, 10 de abril de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

Resolución de autorización de aproveitamento das augas medicinais e termais procedentes da captación Novísimo, nº 88, sito na provincia de Ourense.

O director xeral de Enerxía e Minas do 9 de marzo de 2018, por delegación do conselleiro (Orde do 10.6.2016, DOG núm. 131, do 12 de xullo), ditou resolución de autorización de aproveitamento das augas mineiro-medicinais e termais procedentes da captación Novísimo, nº 88, que literalmente di:

«Examinada a solicitude presentada por Avelino Luís de Francisco Martínez, en nome e representación da Fundación Balneario de Cortegada, rexistrada na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense con data do 5 de maio de 2017, relativa á autorización de aproveitamento das augas mineiro-medicinais e termais procedentes da captación denominada Novísimo, con número de expediente 88, sita no termo municipal de Cortegada, provincia de Ourense, resultan os seguintes:

Antecedentes de feito:

Primeiro. As augas para as que solicita o aproveitamento foron declaradas mineiro-medicinais por Resolución do 8 de novembro de 2012 ampliándose a declaración a termal por Resolución do 6 de xuño de 2016.

Segundo. Con data do 5 de maio de 2017 rexístrase entrada na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense da solicitude de autorización de aproveitamento das augas do pozo denominado Novísimo, nº 88, por parte da Fundación Balneario de Cortegada, acompañándose a dita solicitude do proxecto xeral de aproveitamento e a proposta do correspondente perímetro de protección.

Terceiro. Practicouse a información pública da solicitude, téndose publicado no Diario Oficial de Galicia (DOG núm. 225, do 27 de novembro de 2017) o Anuncio do 5 de outubro de 2017 polo que se dá publicidade á solicitude de aproveitamento e as coordenadas do perímetro de protección. Por outra banda, expúxose o dito anuncio no taboleiro de anuncios do Concello de Cortegada sendo dilixenciado con data do 4 de xaneiro de 2018, sen que, cumpridos os prazos correspondentes, se presentasen alegacións á dita solicitude de aproveitamento.

Cuarto. Solicitado informe ao Instituto Geológico y Minero de España, recíbese con data do 28 de decembro de 2017 coa proposta do perímetro de protección.

Quinto. Solicitado o informe á Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, emítese informe favorable para o aproveitamento das augas mineiro-medicinais do manancial citado con data do 26 de decembro de 2017, exclusivamente para o seu uso nun establecemento balneario e sempre que se axuste ao proxecto presentado. Sinálase ademais que, debido á presenza de amonio con valores superiores aos establecidos na normativa de auga de bebida envasada, deberanse establecer as medidas de xestión axeitadas para evitalo. Esta circunstancia xunto coa presenza de fluoruros restrinxe o uso destas augas ao tratamento tópico, descartándose o hidropínico, sobre todo en lactantes e nenos menores de 7 anos.

Sexto. A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil informa favorablemente con data do 16 de xaneiro de 2018, podendo excluírse estas augas do ámbito da Lei de augas.

Sétimo. Con data do 16 de febreiro de 2017, a Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Ourense informa favorablemente o aproveitamento das augas mineiro-medicinais e termais procedentes da captación Novísimo, nº 88.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. A Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, establece no seu artigo 25.1 que a competencia en materia de augas reguladas pola dita lei corresponderá á consellería competente en materia de industria.

O Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento das augas mineiro-medicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, recolle no seu artigo 7 que a proposta de resolución será elevada ao conselleiro competente en materia de industria.

O Decreto 135/2017, do 28 de decembro, en que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria, determina a competencia da Dirección Xeral de Enerxía e Minas nas funcións de planificación e ordenación da minería relativas ao estudo, instrucións e proposta de resolución do procedementos de outorgamento dos dereitos mineiros, autorización das súas modificacións, transmisións, renovacións ou prórrogas e declaración da súa caducidade.

A Orde do 10 de xuño de 2016 sobre delegación de competencias en diversos órganos da Consellería de Economía, Emprego e Industria di no seu artigo 2 que se delegan na persoa titular da Dirección Xeral de Enerxía e Minas o despacho e resolución dos expedientes que en materia de dereitos mineiros estea atribuída á persoa titular da consellería e que non se delegue expresamente noutros órganos.

Segundo. Segundo o disposto no artigo 16 do Decreto 402/1996, do 31 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de aproveitamento de augas mineiro-medicinais, termais e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, que desenvolve a Lei 5/1995, do 7 de xuño, de regulación das augas minerais, termais, de manancial e dos establecementos balnearios da Comunidade Autónoma de Galicia, concluída a tramitación do expediente e á vista dos informes recibidos, a delegación provincial correspondente elevarao, co seu informe á dirección xeral competente en materia de augas minerais e termais, quen ditará a resolución que proceda, no tocante ao outorgamento do aproveitamento das augas solicitado.

Terceiro. Dos informes emitidos polo IGME, a Dirección Xeral de Innovación e Xestión da Saúde Pública, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil con datas do 28 de decembro de 2017, 26 de decembro de 2017 e 16 de xaneiro de 2018, respectivamente, e da demais documentación que obra incorporada ao expediente administrativo, constátase que se cumpren os requisitos para autorizar o aproveitamento da captación Novísimo, nº 88, sita no termo municipal de Cortegada, provincia de Ourense.

Visto o expediente administrativo, a Lei 5/1995, do 7 de xuño, e o Decreto 402/1996, do 31 de outubro,

RESOLVO:

Autorizar o aproveitamento das augas mineiro-medicinais e termais da captación Novísimo, nº 88 a favor da Fundación Balneario de Cortegada, con domicilio na rúa Otero Novas, s/n, 32200 Cortegada, Ourense, para o seu uso balneario e durante o tempo de permanencia das características que motivaron a condición de mineiro-medicinal e termal.

Autorizar o perímetro de protección coa seguinte designación perimetral:

Zona de restricións máximas

Vértice

X

Y

0

568.241,93

4.672.277,27

Zona de restricións medias (ZME)

Vértice

X

Y

1

568.145,77

4.672.792,54

2

568.742,28

4.672.985,80

3

569.168,18

4.672.621,50

4

568.752,37

4.671.890,42

5

568.386,94

4.671.601,50

6

568.208,94

4.671.622,92

7

567.983,78

4.671.670,34

8

567.840,30

4.671.702,94

9

567.916,94

4.672.105,42

10

568.059,94

4.672.270,92

11

568.112,94

4.672.378,42

12

568.137,94

4.672.576,92

Zona de restricións mínimas (ZMI)

Vértice

X

Y

1

568.145,77

4.672.792,54

2

568.673,68

4.673.307,35

3

569.420,16

4.673.272,34

4

569.750,75

4.672.922,94

5

569.746,75

4.672.401,44

6

569.635,34

4.671.657,93

7

569.144,66

4.671.052,92

8

568.258,04

4.671.069,41

9

567.925,34

4.671.098,04

10

567.792,94

4.671.435,41

11

567.840,30

4.671.702,94

12

567.916,94

4.672.105,42

13

568.059,94

4.672.270,92

14

568.112,94

4.672.378,42

15

568.137,94

4.672.576,92

Inscribir no Rexistro de Augas Minerais, Termais e de Manancial o aproveitamento das augas mineiro-medicinais e termais da captación Novísimo, nº 88, situada no termo municipal de Cortegada, provincia de Ourense.

Contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da notificación da presente resolución, de acordo co disposto no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ou ben, recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Economía e Industria, no prazo dun mes contado desde a mesma data, de acordo co establecido nos artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren procedente».