Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2018 Páx. 32770

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de servizo para a redacción do proxecto construtivo da obra de mellora do sistema de saneamento no concello de Vilanova de Arousa (Pontevedra), non suxeito a regulación harmonizada, cofinanciado nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

missing image file

A Dirección de Augas de Galicia como órgano de contratación, ao abeiro da Resolución do 30 de xaneiro de 2012 de delegación de competencias ditada pola presidencia da entidade e de acordo co establecido no Decreto 32/2012, do 12 de xaneiro, polo que se aproba o estatuto do ente público, contratou a seguinte actuación:

1. Entidade adxudicadora:

Organismo: Augas de Galicia.

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén, se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.gal, Portal de transparencia de Galicia na web https://transparencia.xunta.gal, Plataforma de contratación del sector público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://augasdegalicia.xunta.gal/.

Tipo de contrato: contrato administrativo de servizo.

Tramitación: ordinaria da licitación.

Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

Valor estimado do contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

Vantaxe da oferta do adxudicatario: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, en que se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia ás dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

2. Obxecto do contrato: servizo.

Descrición: redacción do proxecto construtivo da obra de mellora do sistema de saneamento no Concello de Vilanova de Arousa. Vilanova de Arousa (Pontevedra).

Número de expediente: OH.336.1128.

CPV (referencia de nomenclatura): 71311100-2.

Medio e data de publicación de licitación: DOG núm. 199, do 19 de outubro de 2017.

Orzamento base de licitación. Importe neto: 105.874,65 euros. Importe total: 128.108,33 euros.

Data de adxudicación: 18 de maio de 2018.

Importe de adxudicación. Importe neto: 74.142,31 euros. Importe total: 89.712,19 euros.

Data de formalización do contrato: 11 de xuño de 2018.

Contratista: Consultora de Ingeniería, Medio Ambiente y Arquitectura, S.L.

3. Cofinanciamento da Unión Europea.

A actuación referida no punto 2) anterior está cofinanciada pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Enmárcase dentro do programa operativo no obxectivo temático 6, Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos; prioridade de investimento 6.2., O investimento no sector da auga para cumprir os requisitos do acervo da Unión en materia de ambiente e para abordar as necesidades, determinadas polos Estados membros, dun investimento que vaia máis alá dos ditos requisitos; obxectivo específico 6.2.1, Culminar os requisitos da Directiva marco da Auga a través do investimento en infraestruturas de saneamento, depuración e reutilización de augas residuais, e mellora da calidade da auga, actuación 6.2.1.2 (segundo o documento Criterios e procedementos de selección de operacións (CPSO), Reforma e optimización dos sistemas de saneamento das rías galegas. Unha maneira de facer Europa.

4. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2018

Presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia