Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2018 Páx. 32768

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 26 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-CO-43/2018-PPM e dous máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinala no anexo deste anuncio, a proposta de resolución do expediente PSC-CO-43/2018-PPM e dous máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formular as alegacións e presentar os documentos e informacións que xulguen oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 26 de xuño de 2018

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que
se notifica

Enderezo

PSC-CO-43/2018-PPM

Javier González Feal

32787104Y

Proposta

San Vicente, 11-2º C, A Coruña

PSC-CO-67/2018-PPM

Carlos Muñiz Caamaño

52935271N

Proposta

Breiro, 13-2º A, Boiro

PSC-CO-98/2018-PPM

Isabel Posada Fernández

76969103V

Proposta

R/ Igresa, 46 A, Taragoña, Rianxo