Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2018 Páx. 32753

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 29 de maio de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, de notificación dun requirimento ditado no procedemento BS210A (expediente VI0000020402).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica a notificación do acto administrativo que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo, ou ao seu representante, do requirimento que se indica.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada, ou o seu representante debidamente acreditado, poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social sitas na praza da Estrela, s/n, 3ª planta, de Vigo, en horario de mañá entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a

comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que no caso de requirimentos de documentación necesaria para a instrución do expediente, de non cumprir co requirido e de conformidade co establecido no artigo 35.2 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e no artigo 92 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, transcorridos tres (3) meses sen que a persoa realice as actividades esenciais requiridas para continuar a tramitación, a Administración declarará a caducidade do procedemento, acordándose o arquivo das actuacións que lles será notificado á persoa interesada.

Vigo, 29 de maio de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/número de expediente

Apelidos e nome /DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

BS210A/VI-0000020402

Cebrián López, Mª Luz (*****890E)

Requirimento de documentación necesaria

24.11.2017