Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Luns, 9 de xullo de 2018 Páx. 32778

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2018 pola que se retrotrae parcialmente o expediente expropiatorio, polo procedemento de taxación conxunta, do proxecto sectorial do parque empresarial de Pacios-Baamonde (Begonte-Lugo), para a inclusión na relación de bens e dereitos afectados aos titulares con determinados bens e dereitos recoñecidos, como consecuencia de execucións de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O parque empresarial de Pacios-Baamonde, no municipio de Begonte, forma parte das propostas incluídas no Plan sectorial de ordenación territorial de áreas empresariais de Galicia, aprobado definitivamente polo Consello da Xunta de Galicia o 27 de maio de 2004.

Para o desenvolvemento do dito parque empresarial, Xestión Urbanística de Lugo, S.A., actualmente Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A., formulou o proxecto sectorial que, logo da súa tramitación, foi aprobado definitivamente por Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 15 de febreiro de 2007 (DOG núm. 42, do 28 de febreiro), que, así mesmo, declara a utilidade pública e o interese social das obras, instalacións e servizos previstos e a necesidade de ocupación para os efectos da expropiación dos bens e dereitos necesarios para a súa execución.

Segundo. Logo da redacción do correspondente proxecto de expropiación, por Resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante, IGVS) do 25 de outubro de 2007 (DOG núm. 224, do 20 de novembro), acordouse o inicio, polo procedemento de taxación conxunta, do expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do proxecto sectorial do parque empresarial de Pacios-Baamonde (Begonte).

Terceiro. Por Resolución da Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas do 26 de xuño de 2009 (DOG núm. 154, do 7 de agosto), aprobouse definitivamente o expediente de expropiación forzosa seguido polo procedemento de taxación conxunta dos bens e dereitos necesarios para a execución do proxecto sectorial do parque empresarial de Pacios-Baamonde, no concello de Begonte, conforme o previsto no artigo 143 e seguintes da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, en que actúa como organismo expropiante o IGVS e tendo a condición de beneficiaria da dita expropiación a Xestión Urbanística de Lugo, S.A.

Na referida resolución concedíaselle aos expropiados o prazo dun mes para interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (en diante, TSXG) no prazo de dous meses, sen prexuízo de outorgarlles o prazo de 20 días para manifestar a súa desconformidade coa valoración establecida no expediente aprobado, consonte o artigo 143.7 da citada Lei 9/2002.

Cuarto. Diversos expropiados interpuxeron recursos contencioso-administrativos contra a aprobación definitiva do expediente expropiatorio ante o TSXG, nos cales solicitaban, por unha parte, a inclusión como afectada (titular aproveitamento de usufruto) en determinadas porcentaxes en bens, do predio 44, propiedade da comunidade de montes veciñais de man común dos veciños de Pacios; e, por outra parte, o recoñecemento de determinados bens, na relación de bens e dereitos expropiados, nos predios 207, 208 e 210 do proxecto de expropiación do parque empresarial de Pacios-Baamonde.

Os procedementos ordinarios e sentenzas que derivaron foron os seguintes:

– P.O. 0007838/2010, sentenza 00231/2015 TSXG, sección 3ª, EXD 0007043/17.

Predio 44. Recorrente: Isabel Gayoso Carreira (usufrutuaria).

– P.O. 0007184/2011, sentenza 01459/2014 TSXG, sección 3ª, EXD 0007048/17.

Predio 207. Recorrente: Francisco Lorenzo Sánchez.

– P.O. 0007185/2011, sentenza 01458/2014 TSXG, sección 3ª.

Predio 208.Recorrente: Francisco Lorenzo Sánchez.

– P.O. 0007186/2011, sentenza 01457/2014 TSXG, sección 3ª, EXD 0007046/17.

Predio 210. Recorrente: Francisco Lorenzo Sánchez.

O TSXG resolveu en cada caso concreto que se debe revogar o acordo de aprobación definitiva do expediente expropiatorio para a execución do parque empresarial de Pacios-Baamonde, para os únicos efectos de retrotraer as actuacións no procedemento de taxación conxunta ata o momento de elaborarse a relación de bens e dereitos afectados coa finalidade de incluír o solicitado polos expropiados nos citados procedementos.

Quinto. Co obxecto de dar cumprimento as referidas sentenzas, o IGVS, por proposta de Xestión do Solo de Galicia-Xestur, S.A., e por actuar como Administración expropiante, debe acordar a retroacción parcial do expediente expropiatario, polo procedemento de taxación conxunta, do proxecto sectorial do parque empresarial de Pacios-Baamonde (Begonte-Lugo), para inclusión na relación de bens e dereitos afectados aos titulares de usufruto e determinados bens e dereitos recoñecidos, en que se inclúa o expediente cunha memoria de valoración, relativo ao de prezo xusto, complementándose coas follas de taxación individuais e modificando parcialmente os restantes trámites que se poidan ver alterados pola inclusión dos novos bens.

Consideracións legais:

Primeira. Tendo en conta o principio de actuación en beneficio do administrado e a interdición da indefensión en todo procedemento administrativo, procede a retroacción ata o momento da resolución inicial do expediente expropiatorio, ditada o 25 de outubro de 2007, e débese rectificar o contido tanto da propia resolución como da relación de bens e dereitos, e titular de aproveitamento (usufrutuaria), inicialmente aprobada, garantíndose deste xeito a posibilidade de que os interesados dispoñan de todos os trámites necesarios para a defensa dos seus lexítimos intereses.

De acordo coas referidas sentenzas, a resolución pola cal se aproba o expediente expropiatorio anúlase para os únicos efectos de retrotraer o expediente co fin da inclusión como afectada (titular aproveitamento de usufruto) en determinadas porcentaxes en bens, no predio número 44 (polígono 12, parcela 184); e recoñecemento de determinados bens nos predios 207 (polígono 17, parcela 56), 208 (polígono 17, parcela 57), 210 (polígono 17, parcela 59), na relación de bens e dereitos expropiados e, consecuentemente, complétase coas follas de taxación individuais, e modificando parcialmente os restantes trámites que se poidan ver alterados pola inclusión dos novos bens.

A retroacción non afecta os restantes aspectos do expediente expropiatario, que non se ven alterados por esta resolución e, polo tanto, non forman parte deste expediente retroactivo. Non se trata dunha retroacción completa do expediente nin dunha anulación total da resolución definitiva pola que se aproba o expediente expropiatorio, senón un suposto de retroacción parcial que afecta unicamente a un recoñecemento da titularidade de usufruto en determinadas porcentaxes en bens, e a bens e dereitos non incluídos en determinados predios do expediente expropiatorio, recoñecidos por sentenzas xudiciais.

A modificación da resolución inicial ten, de acordo coas sentenzas xudiciais ditadas, a única consecuencia de reiniciar o expediente expropiatorio exclusivamente respecto dos elementos que se modifican, e carece de amparo legal calquera outra pretensión, pois o resto de condicións e contidos fácticos e xurídicos do expediente expropiatorio para a execución do parque empresarial de Pacios-Baamonde deben manter a súa validez e eficacia. Ademais, deben conservarse, total ou parcialmente, todos os actos do expediente expropiatorio compatibles co disposto nesta resolución que non sexan expresamente modificados.

Segunda. O IGVS goza de postestade expropiatoria forzosa, en virtude do artigo 4.2 da Lei 3/1988, do 27 de abril, de creación do IGVS.

Terceira. A persoa titular da Dirección Xeral do IGVS é o órgano competente para asinar a presente resolución, en virtude das competencias conferidas polo artigo 12.2.k) do Decreto 97/2014, do 24 de xullo, polo que se establece a estrutura orgánica do IGVS.

De conformidade con todo o indicado,

ACÓRDASE:

Primeiro. Iniciar o procedemento de retroacción das actuacións no expediente expropiatorio, polo procedemento de taxación conxunta, do proxecto sectorial do parque empresarial de Pacios-Baamonde, ata o momento de elaborarse a relación de bens e dereitos afectados nos predios números 207, 208, 210 e titular de aproveitamento (usufrutuaria) no predio número 44, en determinadas porcentaxes en bens, para as persoas e predios que se relacionan no anexo, así como para a súa valoración.

Segundo. Modificar parcialmente a Resolución do 25 de outubro de 2007, do director xeral do IGVS, pola que se acorda a aprobación inicial do proxecto de expropiación forzosa, polo procedemento de taxación conxunta, para a execución do parque empresarial de Pacios-Baamonde, para os efectos de incluír a relación de bens e dereitos, así como do titular de aproveitamento (usufrutuario), anexo a esta resolución.

Terceiro. Modificar parcialmente a memoria de valoración do expediente expropiatorio do parque empresarial de Pacios-Baamonde referidos aos predios indicados, engadindo os informes periciais específicos.

Cuarto. Ditar as follas de taxación complementarias das follas de taxación do expediente expropiatorio do parque empresarial de Pacios-Baamonde, para os efectos de incluír determinados bens e dereitos afectados e titulares co seu prezo xusto e tendo en conta os que xa foron recoñecidos e indemnizados nas correspondentes actas de ocupación e pagamento, dos cales non procede un novo recoñecemento e indemnización para evitar a súa duplicidade e un consecuente enriquecemento inxusto dos afectados.

Quinto. Someter a información pública durante o prazo dun mes, mediante inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación na provincia, o expediente, para que quen poida resultar interesado formule as observacións e reclamacións que considere convenientes, en particular no que atinxe á titularidade do aproveitamento (usufruto), ou valoración dos bens ou dereitos dos referidos predios.

Así mesmo, darase audiencia ao Concello de Begonte e notificarase ao Ministerio Fiscal.

Igualmente, o expediente estará exposto á disposición dos interesados no concello de Begonte e na Área Provincial do IGVS en Lugo, sita na avenida Ramón Ferreiro, nº 28, 27002 Lugo. Durante o dito prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as alegacións que consideren oportunas dirixidas á Área Provincial do IGVS en Lugo, así como nos lugares establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Sexto. Notificar individualmente as taxacións aos que aparecen como titulares de aproveitamento (usufruto) e titulares de bens e dereitos no expediente, mediante traslado literal da correspondente folla complementaria de taxación e da proposta de fixación dos criterios de valoración.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2018

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Relación de predios e titulares

Nº de recurso

Nº de sentenza

Nº de expediente predio

Polígono

Parcela

Concello

Titular dereito

Enderezo

7838/2010

00231/2015

44

12

184

Begonte

Isabel Gayoso Carreira

(usufrutuaria)

Lugar Pacios, 19

27373 Begonte (Lugo)

7184/2011

01459/2014

207

17

56

Begonte

Francisco Lorenzo Sánchez

Pilar Lorenzo Sánchez

Isabel Gayoso Carreira

Lugar Pacios, 29

27373 Begonte (Lugo)

Lugar Pacios, 29

27373 Begonte (Lugo)

Lugar Pacios, 19

27373 Begonte (Lugo)

7185/2011

01458/2014

208

17

57

Begonte

Francisco Lorenzo Sánchez

Pilar Lorenzo Sánchez

Isabel Gayoso Carreira

Lugar Pacios, 29

27373 Begonte (Lugo)

Lugar Pacios, 29

27373 Begonte (Lugo)

Lugar Pacios, 19

27373 Begonte (Lugo)

7186/2011

01457/2014

210

17

59

Begonte

Francisco Lorenzo Sánchez

Pilar Lorenzo Sánchez

Isabel Gayoso Carreira

Lugar Pacios, 29

27373 Begonte (Lugo)

Lugar Pacios, 29

27373 Begonte (Lugo)

Lugar Pacios, 19

27373 Begonte (Lugo)