Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2018 Páx. 32367

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello da Cañiza (expediente IN407A 2017/716-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita e de autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a continuación se describen:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMT cambio sección FRI808 e CT A Igrexa.

Situación: A Cañiza.

Características técnicas:

– LMT aérea a 20 kV con condutor LA-56 en tres actuacións:

1ª. 454 metros; orixe: apoio metálico existente (AME) nº 0 na saída FRI808; final: apoio metálico proxectado (AMP) nº 4.

2ª. 535 metros; orixe: AMP nº 5; final: AME nº 9.

3ª. 13 metros con condutor LA-30, desde o AMP nº 6 ata o AME 89-5-1 na saída FRI808.

– LMT subterránea a 20 kV, con condutor RHZ, de 486 metros de lonxitude, con orixe no paso aerosubterráneo (PAS) proxectado no AMP nº 4 e final no PAS proxectado no AMP nº 5, unha vez entre e saia do centro de transformación proxectado.

– Centro de transformación a 160 kVA, con RT 20 kV/400 V, situado na Igrexa, Oroso, A Cañiza.

Realizouse o trámite de información pública inserindo anuncios no DOG do 15 de xaneiro de 2018, no BOP do 15 de xaneiro de 2018, no xornal Faro de Vigo do 24 de xaneiro de 2018, no BOE do 26 de febreiro de 2018 e no taboleiro de anuncios do Concello da Cañiza. Durante o mencionado trámite recibiuse a seguinte alegación:

Con data 25 de xaneiro de 2018 Rodrigo Reinaldo Álvarez, presenta escrito de alegacións nesta xefatura territorial en relación co expediente IN407A 2017/716-4, LMT cambio sección FRI808 e CT A Igrexa (A Cañiza), no cal indica, basicamente, que procede a expropiación total do predio ou polo menos a expropiación do terreo ocupado completamente pola nova liña.

Con data 15 de febreiro de 2018, José Coiradas Sambade, en representación da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., contesta as alegacións presentadas indicando que non procede a expropiación total xa que non se cumpren os requisitos regulados no artigo 152 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, y que non se modifican as afeccións existentes sobre o predio nº 2, polo que non se aumentan as servidumes existentes.

Unha vez examinados ambos os escritos os servizos técnicos da Xefatura Territorial conclúen que, tendo en conta o artigo 152 Expropiación por instancia do dono do predio serveente do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, o reclamante non xustifica as causas concretas determinantes dos prexuízos económicos como consecuencia da alteración das condicións fundamentais da explotación do predio. Así mesmo, cabe indicar que segundo o plano do proxecto 10/15 «Plano de perfil 01», a liña segue o trazado existente e os vans que sobrevoan o predio nº 2 teñen unha lonxitude menor do indicado no trazado existente polo que non supon un aumento da servidume de voo.

Respecto á valoración dos bens e dereitos obxecto de expropiación, forma parte do proceso expropiatorio regulado na Ley do 16 de decembro de 1954 de expropiación forzosa e no seu regulamento de desenvolvemento.

En consecuencia, cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e nos capítulos II e V do título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economia e Industria do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, DOG nº 54, do 19 de marzo, esta xefatura territorial

RESOLVE:

Conceder autorización administrativa, autorización administrativa de construción e declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade da urxente ocupación que leva implícita dos bens afectados pola devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Estas autorizacións outórganse sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que considere pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 7 de xuño de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra