Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2018 Páx. 32392

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de accións de comunicación dixital da campaña de promoción dos recursos naturais e culturais de Galicia, licitado polo procedemento aberto, tramitación anticipada, pluralidade de criterios e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Data de publicación no perfil do contratante: 21 de decembro de 2017.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: impulsar un conxunto de estratexias e accións de comunicación dixital da campaña de promoción dos recursos naturais e culturais, especialmente o Camiño de Santiago de Galicia, coa intención de manter a sensibilización da poboación galega, nacional, internacional, así como aos sectores implicados sobre os valores do turismo en Galicia na internet e redes sociais.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: anticipada.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: baseada en pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación:

Lote 1. Importe sen IVE: 347.107,44 €. Importe IVE (21 %): 72.892,56 €. Total: 420.000,00 €.

Lote 2. Importe sen IVE: 66.115,70 €. Importe IVE (21 %): 13.884,30 €. Total: 80.000,00 €.

Importe total dos lotes (IVE incluído): 500.000,00 €.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación:

Lote 1: 2 de maio de 2018.

Lote 2: 2 de maio de 2018.

b) Data de formalización do contrato:

Lote 1: 31 de maio de 2018.

Lote 2: 18 de xuño de 2018.

c) Adxudicatarias:

Lote 1. Elogia Media, S.L.

Lote 2. Luis Ferreira Asociados, S.L.

d) Importe de adxudicación:

Lote 1. Importe sen IVE: 274.992,39 €.

Lote 2. Importe sen IVE: 49.000,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2018

Directora da Axencia Turismo de Galicia
P.A. (artigo 19.6 do Decreto 196/2012)
Mª Elena Barca Ramos
Xerente da Axencia Turismo de Galicia