Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Xoves, 5 de xullo de 2018 Páx. 32395

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

RESOLUCIÓN do 21 de xuño de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo, non suxeito a regulación harmonizada, de tradución de textos a diferentes idiomas, polo procedemento aberto con pluralidade de criterios, tramitación anticipada e documentalmente simplificado.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia Turismo de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia Turismo de Galicia.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Data de publicación no perfil do contratante: 27 de decembro de 2017.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: contratación do servizo de tradución de textos a diferentes idiomas.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: anticipada.

b) Procedemento: aberto, con pluralidade de criterios.

4. Orzamento base de licitación.

Importe sen IVE: 99.173,55 €.

IVE (21 %): 20.826,45 €.

Importe total IVE incluído: 120.000,00 €.

5. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 5 de xuño de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 11 de xuño de 2018.

c) Adxudicataria: Studio Moretto Group, S.R.L.

d) Importe de adxudicación: 99.173,55 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa (prezos unitarios: prezo/palabra) ao obter a maior puntuación, en aplicación dos criterios de adxudicación establecidos no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2018

A directora da Axencia Turismo de Galicia
Por ausencia (Artigo 19.6 do Decreto 96/2012)
Mª Elena Barca Ramos
Xerente da Axencia Turismo de Galicia