Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Martes, 3 de xullo de 2018 Páx. 31865

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 269/2017).

María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 269/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Montserrat Hermida Barreiro contra Secretaría de Estado de Xustiza, Abraxas Aula 25, S.L., Delegación do Goberno en Galicia, Grace Antonia Nouel Brache, Germán Pérez Rubín e Grialibros, S.L., ditouse a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

En Santiago de Compostela o sete de xuño de dous mil dezaoito.

Parte dispositiva

Acordo:

– Aprobar a liquidación de xuros practicada por importe de 136,24 euros a cuxo pagamento resulta condenada Secretaría de Estado de Xustiza, Abraxas Aula 25, S.L., Delegación do Goberno en Galicia, Grace Antonia Nouel Brache, Germán Pérez Rubín, Grialibros, S.L., nas presentes actuacións.

– Dado que na conta de depósitos e consignacións deste xulgado hai consignada a cantidade de 136,24 euros, procédase a realizar transferencia bancaria a favor da executante, Montserrat Hermida Barreiro, polo devandito importe en concepto de liquidación de xuros e déase copia do extracto do movemento.

– Ter por rematado o presente procedemento de execución de títulos xudiciais 269/2017 seguido por instancia de Montserrat Hermida Barreiro fronte á Secretaría de Estado de Xustiza, Abraxas Aula 25, S.L., Delegación do Goberno en Galicia, Grace Antonia Nouel Brache, Germán Pérez Rubín, Grialibros, S.L.

Arquívese o presente procedemento e déase de baixa nos libros correspondentes.

Modo de impugnación: poderá interpoñerse recurso de revisión ante quen dita esta resolución mediante escrito que deberá expresar a infracción cometida a xuízo do recorrente, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación (artigo 188.2 da LXS).

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Grace Antonia Nouel Brache, Abraxas Aula 25, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza