Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2018 Páx. 31676

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

ANUNCIO do 22 de xuño de 2018 pola que se dá publicidade da resolución da mesma data pola cal se convoca concurso público para a contratación de persoal docente e investigador contratado (AD1801).

De conformidade co disposto na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro (BOE do 24 de decembro), de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), en adiante LOU, no Decreto 266/2002, do 6 de setembro (DOG do 17 de setembro), da Xunta de Galicia, sobre contratación de profesorado universitario, no II Convenio colectivo para o persoal docente e investigador das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo e polo establecido nos estatutos da Universidade de Vigo, aprobados polo Decreto 7/2010, do 14 de xaneiro (DOG do 2 de febreiro), da Xunta de Galicia, esta reitoría, en uso das competencias recoñecidas pola LOU, resolve proceder ao anuncio das convocatorias de concurso público na seguinte categoría:

AD1801. Profesor/a axudante doutor/a (anexo).

A información completa (bases das convocatorias, modelo de solicitude, etc.) pode consultarse no taboleiro de anuncios do Rexistro Xeral da Universidade (Edificio Xerencia, Servizos Centrais, Campus Universitario-Vigo) e nos rexistros auxiliares dos campus de Ourense (Edificio Administrativo, Campus Universitario As Lagoas), Pontevedra (Escola de Enxeñaría Forestal, Campus Universitario A Xunqueira) e Vigo (Escola de Enxeñaría Industrial, r/ Torrecedeira, 86), así como na páxina electrónica https://secretaria.uvigo.gal/uv/web/convocatoria/public/index. Para outra información e aclaración de dúbidas poden dirixirse aos teléfonos 986 81 37 65 (Servizo de Persoal Docente e Investigador) e 986 81 36 00 (Negociado de Información).

O prazo de presentación de solicitudes é de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia, que se deben dirixir ao reitor no modelo oficial, obrigatoriamente acompañadas dos documentos acreditativos previstos en cada convocatoria.

Vigo, 22 de xuño de 2018

Manuel Joaquín Reigosa Roger
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Datos das prazas

Praza nº 1.

Referencia:

AD1801-C06-200-AX2-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a axudante doutor/a

Área de coñecemento:

Didáctica da Matemática

Departamento:

Matemáticas

Titulación:

Doutor

Centro de traballo:

202 Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (Campus de Pontevedra)

Dedicación:

Tempo completo

Duración contrato:

Curso completo

Perfil/docencia:

[Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte] (Campus de Pontevedra):

G110602 Matemáticas para mestres: educación infantil

G110911 Didáctica das matemáticas para a educación infantil

G120304 Matemáticas e a súa didáctica I

Praza nº 2.

Referencia:

AD1801-T03-495-AX2-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a axudante doutor/a

Área de coñecemento:

Enxeñaría Aeroespacial

Departamento:

Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos

Titulación:

Doutor

Centro de traballo:

107 Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo (Campus de Ourense)

Dedicación:

Tempo completo

Duración contrato:

Curso completo

Perfil/docencia:

[Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo] (Campus de Ourense):

G410923 Aerodinámica e aeroelasticidade

G410933 Vehículos espaciais

Praza nº 3.

Referencia:

AD1801-X05-193-AX2-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a axudante doutor/a

Área de coñecemento:

Didáctica da Expresión Plástica

Departamento:

Didácticas especiais

Titulación:

Doutor

Centro de traballo:

202 Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte (Campus de Pontevedra)

Dedicación:

Tempo completo

Duración contrato:

Curso completo

Perfil/docencia:

[Facultade de Belas Artes] (Campus de Pontevedra):

G010802 Transmisión, mediación e educación artística

[Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte] (Campus de Pontevedra):

G120401 Didáctica das artes plásticas e visuais

Praza nº 4.

Referencia:

AD1801-X05-210-AX2-TC-01

Nº de prazas:

1

Corpo/categoría:

Profesor/a axudante doutor/a

Área de coñecemento:

Didáctica das Ciencias Sociais

Departamento:

Didácticas especiais

Titulación:

Doutor

Centro de traballo:

105 Facultade de Ciencias da Educación (Campus de Ourense)

Dedicación:

Tempo completo

Duración contrato:

Curso completo

Perfil/docencia:

[Facultade de Ciencias da Educación] (Campus de Ourense):

G110601 Aprendizaxe das ciencias sociais

G120503 Didáctica das ciencias sociais