Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2018 Páx. 31679

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETNX 39/2018).

Eu, Alberto López Luengo, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos non xudiciais 39/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Leticia Inés Riveiro de la Peña contra Hostelería Anselu, S.L., sobre ordinario, se acordou despachar execución o 21 de maio de 2018, mediante auto contra o cal se pode recorrer en reposición no prazo de tres días, que está á súa disposición na sede deste xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Hostelería Anselu, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 6 de xuño de 2018

O letrado da Administración de xustiza