Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2018 Páx. 31695

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato correspondente ao servizo de realización dunha análise de situación, estudo previo e diagnose inicial dos equipamentos sociais, culturais, turísticos e deportivos dos concellos do norte de Portugal e do sur de Galicia dentro do proxecto transfronteirizo 0101_GNP_AECT_1_E, cofinanciado con fondos Feder nun 75 %.

missing image file

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de servizos:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2018-SELO 01-LU.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=243804.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de realización dunha análise de situación, estudo previo e diagnose inicial dos equipamentos sociais, culturais, turísticos e deportivos dos concellos do norte de Portugal e do sur de Galicia dentro do proxecto transfronteirizo 0101_GNP_AECT_1_E, cofinanciado con fondos Feder nun 75 %.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) CPV:

71356300-1. Servizos de apoio técnico.

71356200-0. Servizos de asistencia técnica.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 9, do 12 de xaneiro de 2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 41.322,31 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 41.322,31 €.

Importe total: 50.000,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de formalización do contrato derivado: 1 de xuño de 2018.

b) Contratista: UTE: Alfonso Botana, S.L.-Calixto Escariz, S.L.U.

c) Importe de adxudicación. Importe neto: 32.230,00 €. Importe total: 38.998,30 €.

d) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza