Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2018 Páx. 31698

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 18 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de subministración, por prezos unitarios, de roupa de uniformidade para o persoal condutor do parque móbil da Xunta de Galicia.

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo de subministración:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número del expediente: 2018-SUSE 01-LU.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=226141

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: contrato administrativo de subministración.

b) Descrición: subministración por prezos unitarios de roupa de uniformidade para o persoal condutor do parque móbil da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes: non leva lotes.

d) CPV: 18222100-2 e sete máis relacionados na epígrafe A da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia (DOG).

f) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG do 11 de decembro de 2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 119.721,49 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 119.721,49 €.

Importe total: 144.863,00 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 1 de xuño de 2018.

b) Data de formalización do contrato: 5 de xuño de 2018.

c) Contratista: María Mercedes Buján Liñares.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 93.697,52 €.

Importe total: 113.374,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 18 de xuño de 2018

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza