Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2018 Páx. 31664

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 11 de xuño de 2018 pola que se resolve a integración da Biblioteca Pública Municipal de Barreiros na Rede de bibliotecas de Galicia.

Vista a proposta do secretario xeral de Cultura, e de conformidade co establecido no artigo 38 do Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, de refundición da normativa en materia de bibliotecas,

RESOLVO:

Primeiro. Integrar na Rede de bibliotecas de Galicia a Biblioteca Pública Municipal de Barreiros.

Segundo. A resolución favorable de integración estará condicionada á sinatura dun convenio onde se recolla a obriga por parte do centro bibliotecario de prestar un servizo público que se deberá axustar ao estipulado no Decreto 41/2001, do 1 de febreiro, e que poderá responder nos restantes termos ás especiais características de cada tipo de centros.

Terceiro. O prazo de sinatura deste convenio non deberá ser superior aos tres meses. De non se cumprir este prazo, deixarase sen efecto a posible resolución favorable e suporá o arquivamento definitivo da solicitude.

Cuarto. O posterior incumprimento do dito convenio poderá ser motivo de exclusión temporal ou definitiva do centro bibliotecario de que se trate da Rede de bibliotecas de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria