Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Luns, 2 de xullo de 2018 Páx. 31672

III. Outras disposicións

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 19 de xuño de 2018 pola que se dá publicidade á encomenda de xestión deste organismo autónomo á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde para a xestión da formación dos/as profesionais, derivada do programa Úlceras fóra.

De conformidade co previsto no artigo 8.4 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, dáse publicidade á Resolución do 15 de xuño de 2018, do Servizo Galego de Saúde, pola que se encomenda á Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde a xestión da formación dos/as profesionais do Servizo Galego de Saúde, derivada do programa Úlceras fóra.

– Actividade: a Axencia asumirá a xestión das actividades formativas propostas polo Servizo de Integración Asistencial do Servizo Galego de Saúde, dentro dos límites orzamentarios establecidos. Estas actividades formativas deben estar enmarcadas dentro da formación referida á deterioración da integridade cutánea e tisular ou a actividades que faciliten a apertura de liñas de investigación ou mellora do traballo coa mellor evidencia dispoñible.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: o encargo ten natureza de encomenda a un medio propio, de acordo co disposto no artigo 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, e no artigo 13 da Lei 14/2013, do 26 de decembro, de racionalización do sector público autonómico. Tal condición de medio propio vén recollida no artigo 5 do Decreto 112/2015, do 31 de xullo, polo que se crea a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e se aproban os seus estatutos.

– Prazo de vixencia: ata o 31 de decembro de 2018.

Santiago de Compostela, 19 de xuño de 2018

Jesús Vázquez Almuíña
Presidente do Servizo Galego de Saúde