Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2018 Páx. 31571

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2018 pola que se fai pública a formalización da obra da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Santiago de Compostela.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 4/2018 M.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N= 249387

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: obra.

b) Descrición: obra da terminal de autobuses integrada na estación intermodal de Santiago de Compostela.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 45213310-9.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado: 8.762.725,65 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 8.590.907,50 €. Importe total: 10.394.998,08 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 14.5.2018.

b) Data de formalización do contrato: 11.6.2018.

c) Adxudicataria: Acciona Construcción, S.A.

d) Importe da adxudicación:

Importe neto: 7.928.548,53 €. Importe total con IVE: 9.593.543,72 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2018

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda
P.D. (Orde do 7.9.2017; DOG nº 179, do 20 de setembro)
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda