Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2018 Páx. 31569

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 7 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-7/2018 RE e tres máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao resultar infrutuosa a súa notificación.

Os actos foron acordados polo instrutor. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

A comparecencia efectuarase no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede da sección xurídica desta consellería, sita na rúa do Paseo, nº 18, 5º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Ourense, 7 de xuño de 2018

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: OU-7/2018 RE.

Denunciada: Leonard Marin.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-8/2018 RE.

Denunciados: José Carlos Silva/Amandia Lustriano Afonso.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-14/2018 RE.

Denunciado: José Montoya Montoya.

Acto notificado: proposta de resolución.

Expediente: OU-17/2018 RE.

Denunciado: Ionut Ilie.

Acto notificado: proposta de resolución.