Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Venres, 29 de xuño de 2018 Páx. 31432

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 13 de xuño de 2018 pola que se autoriza a implantación de ensinanzas universitarias oficiais de grao, máster universitario e programas de doutoramento nas universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo, para o curso 2018/19.

A Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, establece que a implantación e supresión de ensinanzas conducentes á obtención de títulos universitarios de carácter oficial e validez en todo o territorio nacional serán acordadas pola comunidade autónoma, logo de solicitude de implantación polas universidades, segundo o disposto na lexislación vixente.

O Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, regula a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, e dispón, no seu capítulo VI, o procedemento de verificación e acreditación dos títulos. Os plans de estudos serán verificados mediante resolución do Consello de Universidades e autorizados pola comunidade autónoma. Mediante acordo do Consello de Ministros establecerase o carácter oficial dos títulos e procederase á súa inscrición no Rexistro de Universidades, Centros e Títulos (RUCT). Así, coa entrada en vigor do Real decreto 99/2011, do 28 de xaneiro, iníciase unha nova etapa de reorganización xeral dos estudos de posgrao diferenciando o máster universitario do programa de doutoramento.

No ámbito autonómico esta materia está regulada pola Lei 6/2013, do 13 de xuño, do Sistema universitario de Galicia, a Orde do 20 de marzo de 2012, que desenvolve o Decreto 222/2011, do 2 de decembro, polo que se regulan as ensinanzas universitarias oficiais no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 161/2015, do 5 de novembro que modifica o Decreto 222/2011.

No Decreto 222/2011, do 2 de decembro, establécese que o procedemento para obter a autorización de implantación das ensinanzas universitarias oficiais no ámbito territorial propio da comunidade autónoma se fará por orde da consellería competente en materia de universidades e publicarase no Diario Oficial de Galicia. Previamente terá que recibir o informe do Consello Galego de Universidades, de acordo co previsto no artigo 56 da citada Lei 6/2013, do 13 de xuño.

As universidades, logo de seren autorizadas para implantar os estudos, quedarán obrigadas a adoptar as garantías precisas para que non se demore a súa impartición alén dun curso académico. Por razóns excepcionais, debidamente xustificadas, o departamento competente en materia de universidades poderá autorizar que non se imparta a titulación noutro curso académico. A non impartición da titulación alén de dous cursos académicos consecutivos implicará o inicio do procedemento de supresión, que determinará a revogación da autorización da súa implantación.

O Pleno do Consello Galego de Universidades, na sesión ordinaria do 28 de maio de 2018, no exercicio das súas competencias, acordou emitir informe favorable sobre a solicitude das universidades da Coruña (UDC), Santiago de Compostela (USC) e Vigo (UVIGO) para implantaren determinados títulos.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que se autorice a Universidade da Coruña para implantar, no curso 2018/19, as ensinanzas universitarias oficiais de:

1. Grao en Paisaxe, conxunto da UDC e USC. Autorizado pola presente orde.

2. Grao en Xestión Industrial da Moda. Autorizado pola presente orde.

3. Máster universitario conxunto en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión, pola UDC, USC e UVIGO. Autorizado pola presente orde.

4. Máster universitario conxunto en Computación de Altas Prestacións-High Performance Computing, pola UDC e USC. Autorizado pola presente orde.

5. Máster universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos. Autorizado pola presente orde.

6. Master universitario conxunto en Economía, pola UDC, USC e UVIGO. Autorizado pola presente orde.

7. Máster universitario en Enxeñaría en Deseño Industrial. Autorizado pola presente orde.

8. Máster universitario en Enxeñaria Industrial. Autorizado pola presente orde. Esta autorización inicia o proceso de extinción do Máster Universitario en Enxeñaria Industrial de 90 ECTS autorizado pola Orde do 1 de febreiro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 12 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 4313638.

9. Máster universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica. Autorizado pola presente Orde. Esta autorización inicia o proceso de extinción do Máster Universitario en Enxeñaría Naval e Oceánica de 90 ECTS autorizado pola Orde do 1 de febreiro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 12 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 4313639.

10. Máster universitario conxunto en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria, pola UDC, USC e UVIGO. Autorizado pola presente orde. Esta autorización inicia o proceso de extinción do Máster Universitario en Didácticas Específicas autorizado para a UDC pola Orde do 4 de xuño de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 17 de xuño) e que figura inscrito no RUCT co código 4315133.

11. Máster universitario en Produción Xornalística e Audiovisual. Autorizado pola presente orde.

12. Programa de doutoramento conxunto en Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión, pola UDC, USC, UVIGO e as seguintes universidades de Portugal: Aveiro, Minho, Tras-os-Montes e Alto Douro e Porto. Autorizado pola presente Orde. Esta autorización inicia o proceso de extinción do Programa de Doutoramento conxunto en Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión autorizado pola Orde do 1 de febreiro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 12 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5600116.

13. Programa de Doutoramento en Novas Perspectivas en Documentación, Comunicación e Humanidades. Autorizado pola presente orde. Esta autorización inicia o proceso de extinción do Programa de Doutoramento en Sociedade do Coñecemento: Novas Perspectivas en Documentación, Comunicación e Humanidades autorizado pola Orde do 5 de setembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia do 26 de setembro) e que figura inscrito no RUCT co código 5600136.

14. Programa de Doutoramento en Saúde e Motricidade Humana. Autorizado pola presente orde.

Artigo 2

Que se autorice a Universidade de Santiago de Compostela para implantar, no curso 2018/19, as ensinanzas universitarias oficiais de:

1. Grao en Biotecnoloxía. Autorizado pola presente orde.

2. Grao en Criminoloxía. Autorizado pola presente orde.

3. Grao en Paisaxe, conxunto da UDC e USC. Autorizado pola presente orde.

4. Máster universitario conxunto en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión, pola UDC, USC e UVIGO. Autorizado pola presente orde.

5. Máster universitario conxunto en Computación de Altas Prestacións-High Performance Computing, pola UDC e USC. Autorizado pola presente orde.

6. Máster universitario conxunto en Economía, pola UDC, USC e UVIGO. Autorizado pola presente orde.

7. Máster universitario en Enerxías Renovables, Cambio Climático e Desenvolvemento Sustentable. Autorizado pola presente orde.

8. Máster universitario conxunto en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria, pola UDC, USC e UVIGO. Autorizado pola presente orde.

9. Máster universitario conxunto en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos Non Tripulados, pola USC e UVIGO. Autorizado pola presente orde.

10. Master universitario en Optometría. Autorizado pola presente orde.

11. Máster universitario conxunto en Xenómica e Xenética, pola USC e UVIGO. Autorizado pola presente orde.

12. Programa de Doutoramento conxunto en Ciencias Mariñas, Tenoloxía e Xestión, pola UDC, USC, UVIGO e as seguintes universidades de Portugal: Aveiro, Minho, Tras-os-Montes e Alto Douro e Porto. Autorizado pola presente orde. Esta autorización inicia o proceso de extinción do Programa de Doutoramento conxunto en Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión autorizado pola Orde do 1 de febreiro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 12 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5600116.

13. Programa de Doutoramento europeo conxunto Marie Sklodowska-Curie en Inhibición de Receptores de Adhesión Plaquetaria en Trombose//European Joint Doctorate Marie Sklodowska-Curie in Targeting Platelet Adhesion Receptors in Thrombosis (Tapas), pola Universidade de Santiago de Compostela; Bayerische Julius-Maximilians-Universität Würzburg (Alemaña); The University of Reading (Reino Unido); Universiteit Maastricht (Países Baixos) e University of Birmingham (Reino Unido).

Artigo 3

Que se autorice a Universidade de Vigo para implantar, no curso 2018/19, as ensinanzas universitarias oficiais de:

1. Grao en Enxeñaría Biomédica. Autorizado pola presente orde.

2. Máster universitario conxunto en Biodiversidade Terrestre: Caracterización, Conservación e Xestión, pola UDC, USC e UVIGO. Autorizado pola presente orde.

3. Máster universitario en Comunicación en Medios Sociais e Creación de Contidos Dixitais. Autorizado pola presente orde.

4. Máster universitario conxunto en Economía, pola UDC, USC e UVIGO. Autorizado pola presente orde.

5. Máster universitario conxunto en Investigación e Innovación en Didácticas Específicas para Educación Infantil e Primaria, pola UDC, USC e UVIGO. Autorizado pola presente orde.

6. Máster universitario conxunto en Operacións e Enxeñaría de Sistemas Aéreos Non Tripulados, pola USC e UVIGO. Autorizado pola presente orde.

7. Máster universitario conxunto en Xenómica e Xenética, pola USC e UVIGO. Autorizado pola presente orde.

8. Programa de Doutoramento conxunto en Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión, pola UDC, USC, UVIGO e as seguintes universidades de Portugal: Aveiro, Minho, Tras-os-Montes e Alto Douro e Porto. Autorizado pola presente orde. Esta autorización inicia o proceso de extinción do Programa de Doutoramento conxunto en Ciencias Mariñas, Tecnoloxía e Xestión autorizado pola Orde do 1 de febreiro de 2013 (Diario Oficial de Galicia do 12 de febreiro) e que figura inscrito no RUCT co código 5600116.

Artigo 4

As universidades adoptarán as medidas necesarias para garantir os dereitos académicos dos estudantes que se encontren cursando os estudos que inician o proceso de extinción, de acordo co establecido no artigo 16.2 do Decreto 222/2011, do 2 de decembro.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria