O Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia é un órgano non colexiado superior de consulta e asesoramento da Consellería de Sanidade.
En virtude do disposto na Orde do 25 de maio de 2005 pola que se regula a composición, organización e funcionamento do Consello Asesor do Sistema Sanitario de Galicia, modificada pola Orde do 6 de outubro de 2011, a persoa titular da Consellería de Sanidade poderá, mediante orde, dispor a libre remoción e substitución dos membros do Consello, así como o seu nomeamento a título individual.
En consecuencia, no exercicio das facultades que me confire o artigo 38 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, e a Orde do 25 de maio de 2005, modificada pola Orde do 6 de outubro de 2011,
DISPOÑO:
Artigo 1
Que cesen como membros do Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia as persoas que se relacionan no anexo I desta orde.
Artigo 2
Nomear membros do Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia as persoas indicadas no anexo II desta orde.
Artigo 3
A composición do Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia quedará tal como se determina no anexo III desta disposición.
Disposición derrogatoria
Quedan derrogadas todas as disposicións de igual ou inferior rango que se opoñan ao disposto nesta orde.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2018
Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade
ANEXO I
Cesan como membros do Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia:
– Javier Martínez Pérez-Mendaña.
– Carlos González Guitián.
– José Machuca Santa Cruz.
ANEXO II
Noméanse membros do Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia:
– Emilio Casariego Vales.
– Juan Jesús Gestal Otero.
– Joaquín Potel Lesquereux.
ANEXO III
Composición do Consello Asesor do Sistema Público de Saúde de Galicia:
Presidente:
– José María Martinón Sánchez.
Vicepresidenta:
– Mercedes Carreras Viñas.
Vogais:
– Manuel Boquete París.
– Francisco Javier Carballo García.
– Ángel Carracedo Álvarez.
– Emilio Casariego Vales.
– Enrique Castellón Leal.
– José Castillo Sánchez.
– Manuel Domínguez Sardiña.
– Berta García Fraguela.
– Alfredo García Iglesias.
– Juan Jesús Gestal Otero.
– Ángel Jorge-Echeverry Barreiro.
– José Luis Muíño López-Álvarez.
– Belén Piñeiro Bóveda.
– Joaquín Potel Lesquereux.
– Lorenzo Pousa Estévez.
– Manuel Salgueiro Corbacho.
– Juan Turnes Vázquez.
– Luciano Vidán Martínez.