Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2018 Páx. 31361

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de auto e decreto (ETX 101/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 101/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mateo Vicente Lestón contra Irmandade TV, S.L. e o Fogasa, foron ditadas as seguintes resolucións, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Auto.

Maxistrada xuíza: Paula Méndez Domínguez.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2018.

Parte dispositiva.

Dispoño: despachar orde xeral de execución da sentenza número 575/2017 do 18 de decembro de 2017, ditada no procedemento ordinario 765/2015 a favor da parte executante, Mateo Vicente Lestón, contra Irmandade TV, S.L. e o Fogasa, parte executada, polo importe de 6.141,47 euros en concepto de principal (4.992,51 euros en concepto de salarios e vacacións, 1.148,96 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 614,14 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan producirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

O/a xuíz/a

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2018.

Parte dispositiva.

Para dar efectividade ás medidas concretas solicitadas, acordo:

– Requirir a executada Irmandade TV, S.L. a fin de que no prazo de dez días aboe a cantidade de 6.141,47 euros en concepto de principal (4.992,51 euros en concepto de salarios e vacacións, 1.148,96 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET respecto da cantidade anterior), máis outros 614,14 euros que se fixan provisoriamente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan producir durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, ingresando o devandito importe na conta deste xulgado, aberta no Banco Santander co número IBAN ES55 0049 3569 9200 0500 1274 (número expediente xudicial 1589 0000 64 0101 18), con apercibimento de que, en caso de non cumprir o requirimento no prazo conferido, se procederá ao embargo dos seus bens para cubrir a devandita suma, logo de indagación destes a través da aplicación informática deste xulgado.

– Requirir a Irmandade TV, S.L. a fin de que no prazo de dez días manifeste relacionadamente bens e dereitos suficientes para cubrir a contía da execución, con expresión, se é o caso, das cargas e gravames, así como, no caso de inmobles, se están ocupados, por que persoas e con que título, baixo apercibimento de que, en caso de non o verificar, poderá ser sancionado, cando menos, por desobediencia grave, en caso de que non presente a relación dos seus bens, inclúa nela bens que non sexan seus, exclúa bens propios susceptibles de embargo ou non desvele as cargas e gravames que sobre eles pesaren, e poderánselle impor tamén multas coercitivas periódicas.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Irmandade TV, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza