Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2018 Páx. 31324

III. Outras disposicións

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2018 pola que se publica a modificación do plan de estudos do máster universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea.

O plan de estudos da titulación de máster universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea pola Universidade da Coruña foi publicado por Resolución do 28 de decembro de 2011 no Boletín Oficial del Estado (BOE) do 18 de xaneiro de 2012, unha vez establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros do 28 de outubro de 2011 (publicado no BOE do 25 de novembro de 2011 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 7 de novembro de 2011).

A Universidade da Coruña presentou unha solicitude de modificación do plan de estudos do dito máster que obtivo o informe favorable da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG).

O Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, polo que se establece a ordenación das ensinanzas universitarias oficiais, modificado polo Real decreto 861/2010, do 2 de xullo, dispón no artigo 28 o procedemento para a modificación de plans de estudo conducentes á obtención de títulos xa verificados.

Polo exposto,

RESOLVO:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea pola Universidade da Coruña coas modificacións aprobadas, que se estrutura segundo consta no anexo e con efectos desde el curso académico 2017/18.

A Coruña, 11 de xuño de 2018

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña

ANEXO

Plan de estudos conducente á obtención do título de máster universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea pola Universidade da Coruña

Plan de estudos que se inicia no curso 2017/18 por modificación do anterior.

Código RUCT: 4310464.

Estrutura das ensinanzas (Real decreto 1393/2007, anexo I, número 5.1):

1. Rama de coñecemento á que se adscribe o título: Ciencias Sociais e Xurídicas.

2. Distribución do plan de estudos en créditos ECTS, por tipo de materia:

Tipo de materia

Créditos ECTS

Obrigatorias (OB)……..……………...………

Optativas (OP)…..….…………………..……

Traballo fin de máster (TFM)…..……………

Total……………………………..…………….

33

15

12

60

3. Contido do plan de estudos:

Materia

Carácter

Créditos ECTS

Cultura Xurídica Europea

OB

3

Integración Xurídica e Transformacións dos Sistemas Xurídicos

OB

6

Integración Económica

OB

3

Constitución, Cidadanía e Dereitos

OB

6

Políticas e Liberdades

OB

6

Sistema Xurisdicional da Unión Europea

OB

6

Metodoloxía da Investigación e Ferramentas de Investigación (idioma)

OB

3

Dereito Comunitario e Comparado do Traballo e da Seguridade Social

OP

6

Dereito Comunitario do Mar

OP

6

Espazo de Liberdade, Seguridade e Xustiza

OP

6

Captación e Xestión de Recursos Comunitarios

OP

3

Mercado Interior

OP

6

Acción Exterior da Unión Europea

OP

3

Traballo fin de máster

TFM

12

Unidade temporal:

A unidade temporal de todas as materias é cuadrimestral e no curso existe un equilibrio de créditos entre o 1º e o 2º cuadrimestre, que deberá ser respectado no caso de producirse unha modificación da organización temporal das materias.

4. Condicións de terminación:

O alumnado deberá superar 60 créditos ECTS, distribuídos como se indica no punto 2, para obter o título de máster universitario en Dereito: Estudos da Unión Europea.