Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2018 Páx. 31322

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Innovación

EXTRACTO da Resolución do 11 de xuño de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das subvencións para a consolidación e a estruturación de unidades de investigación competitivas nos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

BDNS (Identif.): 403916.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans):

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das axudas os centros de innovación e tecnoloxía da Comunidade Autónoma de Galicia que teñan a consideración de consolidados.

Teñen a consideración de centros tecnolóxicos consolidados aqueles que figuran inscritos (ou teñan resolución de recoñecemento como centro tecnolóxico ou centro de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal) no rexistro regulado no Real decreto 2093/2008, do 19 de decembro, polo que se regulan os centros tecnolóxicos e os centros de apoio á innovación tecnolóxica de ámbito estatal e se crea o rexistro de tales centros.

Segundo. Finalidade

Esta resolución ten por obxecto aprobar as bases polas que se rexerá a concesión das subvencións da Axencia Galega de Innovación dirixidas aos centros tecnolóxicos consolidados de Galicia para financiar gastos estruturais e de funcionamento, co fin de incentivar a transferencia de resultados da investigación, do coñecemento e das capacidades tecnolóxicas ao mercado. Así mesmo, por medio desta resolución convócanse estas axudas para o ano 2018 en réxime de publicidade, obxectividade e concorrencia non competitiva (código de procedemento IN845A).

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Importe

Importe total da convocatoria: 1.872.000 euros.

O importe das axudas determínase en función da valoración dunha serie de indicadores que miden, de forma obxectiva, a perspectiva financeira, de resultados e de igualdade dos centros tecnolóxicos (indicadores que figuran no anexo II da convocatoria).

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2018

Patricia Argerey Vilar
Directora da Axencia Galega de Innovación