Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2018 Páx. 31370

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 13 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, polo que se lle notifica á persoa interesada o requirimento de documentación xustificativa no expediente PR911A 2017/165.

Intentada a notificación do requirimento de documentación xustificativa por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícaselle o requirimento de documentación xustificativa á persoa interesada.

O interesado poderá coñecer o texto íntegro do requirimento nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, na praza de Mazarelos, número 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Así mesmo, tamén se lle comunica ao interesado que, de conformidade co disposto no artigo 45.2 do citado Decreto 11/2009, a falta de presentación da documentación requirida no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta notificación no BOE comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a exixencia de reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2018

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Expediente: PR911A 2017/165.

Interesado: Gustavo Gutiérrez da Silva.

Acto notificado: requirimento de documentación xustificativa necesaria para efectuar o segundo pagamento da bolsa concedida ao abeiro da Resolución do 7 de abril de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras e se procede á convocatoria de cen bolsas de excelencia para a mocidade do exterior, co fin de cursar estudos de máster que se inicien no ano 2017 nunha universidade galega.