Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 28 de xuño de 2018 Páx. 31394

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 15 de xuño de 2018 pola que se dá publicidade da formalización da contratación do servizo de aloxamento externo (hosting) da infraestrutura da Plataforma tecnolóxica da pesca (PTP) que presta servizo no ámbito de Mar da Xunta de Galicia (expediente AMT-2018-0027).

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto da presente contratación é o servizo de aloxamento externo e mantemento en explotación (hosting) dos sistemas informáticos a as infraestruturas asociadas (hardware e software de base) que dan soporte físico e telemático á Plataforma tecnolóxica de pesca (PTP). O sistema de aloxamento (hosting) comprende todos os niveis da Plataforma tecnolóxica da pesca de Galicia (https://www.pescadegalicia.gal/).

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 8.1.2018.

DOUE: 4.1.2018.

BOE: 16.1.2018.

3. Tramitación e procedemento:

a) Procedemento: aberto, harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: 292.561,98 € (sen IVE).

5. Formalización:

Data de adxudicación: 19.4.2018.

Data de formalización: 28.5.2018.

Contratista: Altia Consultores, S.A.

Importe de adxudicación: 77.996,40 € máis o IVE do 21 % (16.379,24 €), o que supón un total de 94.375,64 €.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia