Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2018 Páx. 30591

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo para desenvolvemento dunha campaña para a promoción dos produtos procedentes da pesca e da acuicultura en 2018 (expediente 5/2018).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, aprobado polo Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo para desenvolvemento dunha campaña para a promoción dos produtos procedentes da pesca e da acuicultura en 2018.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=238460

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOUE do 13 de xaneiro de 2018; BOE do 19 de xaneiro e DOG do 29 de xaneiro.

e) División por lotes e número: non.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 620.000 €; importe IVE (21 %): 130.200 €, importe total: 750.200 €.

Valor estimado: 620.000 €.

5. Financiamento.

Cofinanciado pola Unión Europea, Fondo Europeo Marítimo e de Pesca –FEMP–, nun 75 % (eixe/medida 5.1.3: Medidas de comercialización).

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución de adxudicación: 30.4.2018.

b) Adxudicataria: J&J Publicidad y Comunicación, S.L.

c) Importe neto: 610.274,51 €.

IVE (21 %): 128.157,65 €.

Importe total: 738.432,16 €.

d) Data de formalización do contrato: 6.6.2018.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: resultou a oferta máis vantaxosa unha vez aplicados os criterios de valoración recollidos no prego.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2018

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar