Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 25 de xuño de 2018 Páx. 30593

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se fai pública a formalización do contrato de subministración da fabricación de dúas embarcacións patrulleiras para o Servizo de Gardacostas de Galicia (expediente 6/2018).

En cumprimento do disposto no artigo 154.2 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, do texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Mar.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: subministración.

Descrición do obxecto: subministración de fabricación de dúas embarcacións patrulleiras para o Servizo de Gardacostas de Galicia da Consellería do Mar.

b) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=239858

c) Diario oficial e data de publicación dos anuncios de licitación: DOUE do 12 de xaneiro de 2018; BOE do 16 de xaneiro e DOG do 26 de xaneiro.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto, suxeito a regulación harmonizada.

4. Orzamento de licitación.

Importe neto: 1.487.603,30 €; importe IVE (21 %): 312.396,70 €, importe total: 1.800.000 €.

Valor estimado: 1.487.603,30 €.

5. Financiamento.

Fondos Europeos-Fondo Europeo Marítimo e de Pesca –FEMP–, nun 70 %.

6. Adxudicación e formalización do contrato.

a) Data da resolución da adxudicación: 30 de abril de 2018.

b) Adxudicataria: Rodman Polyships, S.A.U.

c) Importe: 1.745.127,34 euros (IVE incluído).

d) Data de formalización do contrato: 5 de xuño de 2018.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: foi a mellor oferta económica e tamén a mellor oferta nos demais criterios de adxudicación.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2018

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar