Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2018 Páx. 30424

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo

EDICTO (123/2017).

María Lago Rivero, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, fai saber que, en virtude do acordado nos autos de referencia e de conformidade co disposto nos artigos 156.4 e 164 da LAC, por medio deste edicto notifícaselle a Germán Martínez Casal e á herdanza xacente de Flora Martínez López, a sentenza ditada nos presentes autos, cuxo encabezamento e parte dispositiva son os seguintes:

«Sentenza

Vigo, 22 de xuño de 2017

Vistos por María Isabel Castro Martínez, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vigo, os autos de xuízo ordinario sobre reclamación de cantidade, co número 123/2017, promovidos pola comunidade de propietarios da rúa Grove, nº 2, portal 1, de Vigo, representada polo procurador Sr. Gil Tránchez e asistida do letrado Sr. Cid Cid, contra Germán Martínez Casal e herdanza xacente de Flora Martínez López, en situación procesual de rebeldía.

Resolución

Estimando totalmente a demanda promovida pola representación da comunidade de propietarios da rúa Grove, nº 2, portal 1, de Vigo, contra Germán Martínez Casal e a herdanza xacente de Flora Martínez López, debo condenar e condeno os demandados a aboar á demandante a cantidade de 6.743,90 euros, e ao pagamento das custas procesuais causadas nesta instancia.

Notifíquese ás partes».

E para que sirva de notificación aos demandados indicados, expido este edicto.

Vigo, 24 de maio de 2018

A letrada da Administración de xustiza