Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 22 de xuño de 2018 Páx. 30425

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Ortigueira

EDICTO (60/2017).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

Sentenza.

Ortigueira, 30 de abril de 2018.

Vistos por min, Diana Vales Laguna, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución Único de Ortigueira, os presentes autos de xuízo ordinario, rexistrados co número 60/2017, en que interviñeron, como demandante Jennifer Pérez Bengoa, asistida da letrada Adela Fernández Luaces e representada pola procuradora Ana Isabel Fernández Álvarez, e como demandado, Sergio Martín Birriel Vidal, declarado en rebeldía procesual, seguido por unha acción de privación da patria potestade.

Resolución.

Estimo totalmente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Ana Isabel Fernández Álvarez, en nome e representación de Jennifer Pérez Bengoa, e debo declarar e declaro a privación da patria potestade a Sergio Martín Birriel Vidal respecto dos seus fillos Raúl Birriel Pérez e Xabi Birriel Pérez e, en consecuencia, atribúo en exclusiva a patria potestade a Jennifer Pérez Bengoa.

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Sergio Martín Birriel Vidal, expídese esta cédula para que lle sirva de cédula de notificación.

Ortigueira, 4 de xuño de 2018

O/a letrado/a da Administración de xustiza