Por Resolución desta Alcaldía nº 2323, do 6 de xuño de 2018, acordouse aprobar inicialmente con condicións o Plan especial de reforma interior do POL-24 O Paraíso, en Perillo (documento nº 6107, do 3.4.2018).
De conformidade co artigo 75 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo de dous meses, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.
Oleiros, 8 de xuño de 2018
Ángel García Seoane
Alcalde presidente